GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

A Costa da Morte suma máis de mil emigrantes nun ano

(03/04/2012)

A Costa da Morte suma máis de mil emigrantes nun ano

Suíza capitaliza a maior parte das chegadas, case a diario

 

A emigración nos municipios das comarcas de Bergantiños, Soneira e Fisterra, ademais de Cerceda, incrementouse en 1.110 persoas no último ano, segundo os datos que acaba de dar a coñecer o Instituto Nacional de Estatística (INE) no Padrón de Españois Residentes no Estranxeiro (PERE). A 1 de xaneiro deste ano, os 16 concellos suman 34.144 veciños no estranxeiro, fronte aos 33.034 do anterior. Á súa vez, esta cifra xa crecera con relación á do 2010, cando se contabilizaban 31.767 persoas, e esta á súa vez sobre a do 2009, cando eran 29.944. Foi este cando comezou a publicarse o PERE: ata entón, os datos da emigración só se podían extraer dos respectivos consulados e embaixadas de países de destino ou do censo electoral, pero neste caso só entran os que poden votar, mentres que o PERE inclúe a todo o mundo.

Este importante incremento débese, en parte, aos procesos de naturalización como españois de segundas e terceiras xeracións, sobre todo en países americanos, grazas á lei de adquisición da nacionalidade. Pero iso tivo máis impacto hai dous anos, ou o anterior. En boa medida, o crecemento vén dado polo novo fenómeno migratorio de veciños da comarca e a súa contorna, especialmente a Suíza. Non hai máis que preguntar aos responsables de centros ou entidades galegas do país helvético para constatar que o éxodo masivo xa é un feito, que xa viña barruntando, con pequenos movementos, desde finais do 2009.

O Ministerio de Traballo e Seguridade Social tamén acaba de facer públicos os seus datos sobre emigración a Suíza, e por segundo ano consecutivo desde 1989, as idas son moitas máis que as vindas. No 2011, a emigración a este país foi un 40% máis que no 2010, e os retornados, un 23 % menos, segundo os mesmos datos.

No seu conxunto, a comarca achega o 21,9 % de todos os emigrantes da provincia no estranxeiro (155.808). No entanto, se se engaden os 11.800 dos municipios limítrofes, cos que existe unha evidente relación (Tordoia, Santa Comba, Val do Dubra, Mazaricos ou Carnota), a porcentaxe colócase no 29,5 % do total provincial, case un de cada tres. A zona é a principal área migratoria coruñesa e das máis elevadas de Galicia, e a lugares como Suíza, a primeira de España. Dos 96.000 residentes, 18.000 proceden da provincia, e segundo análises realizadas pola Xunta hai xa uns anos (que non se actualizaron) aproximadamente a metade corresponden á Costa da Morte e contorna.

 

A máis

Se as cousas seguen así, os números dispararanse no que queda de ano. José Antonio Calvo Blanco , un veciño de Zas que leva 21 dos seus 35 anos en Berna, agora responsable do centro galego, está impresionado co ritmo de chegadas: «Como isto siga así non sei onde iremos parar, están chegando moitos mozos e tamén outros que retornaron a España e agora queren volver». Ultimamente ve moitos da Ponte do Porto, Zas ou Santa Comba, na súa maioría, para a construción. «Tamén vexo historias tremendas, que che poñen a carne de galiña», revela, por casos de xente moi necesitada de traballo.

O camariñán Luis Blanco Rodríguez leva 30 dos seus 49 anos en Delémont, agora á fronte da Asociación de Traballadores Españois en Suíza. Coincide na apreciación. «Todas as semanas chega xente nova, e despois dá Semana Santa vai ser tremendo», avanza. A maioría, para a construción, aínda que tamén para fábricas. Cabana, Ponteceso, Laxe, Vimianzo ou Cee son procedencias habituais. Uns chegan en coche e outros nos taxis.

«Todas as semanas chega xente nova, e despois dá Semana Santa isto vai ser tremendo»

Luis Blanco

«Como isto siga así non sei onde iremos parar, están chegando mozos e outros retornados»

José Antonio Calvo

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Maio 2024
LMMeXVSD
  12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031  
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas