GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Máis de 6.000 licenciados españois emigraron a Francia o ano pasado

(23/04/2012)

Máis de 6.000 licenciados españois emigraron a Francia o ano pasado

As empresas proponse contratar 230.000 empregados e os enxeñeiros son os máis solicitados

A maioría teñen entre 25 e 40 anos e titulación universitaria. No 2011 chegaron máis de 6.369, os que se inscribiron no Consulado de París, case o dobre que no 2010 e o triplo que no 2007. Os datos son parciais posto que non todo o mundo cumpre coa formalidade de pasar polo rexistro.

As empresas francesas buscan en xeral un alto nivel de cualificación e consideran o inglés obrigatorio. Os enxeñeiros son os máis solicitados, tanto na súa especialidade industrial como informática.

Urko Picaza, enxeñeiro electrónico bilbaíno de 30 anos, chegou a París seguindo á súa parella e, tras un ano dedicado a aprender o idioma, decidiuse a meter o seu currículo en Internet. Enseguida contactaron con el cinco empresas e unha contratouno. Está contento porque «as condicións para o traballador son bastante mellores que en España, nótase a forza dos sindicatos; gáñase máis, trabállase menos horas e hai axudas para o transporte e a comida».

Os informáticos están tan solicitados que Sogeti, unha das empresas líderes, invitou a esquiar durante dous días aos aspirantes a cubrir os 50 postos de traballo que tiña dispoñibles.

Fronte á crise do sector do automóbil, expándense a aeronáutica e as infraestruturas do transporte. A industria aeroespacial ten problemas para atopar os 13.000 traballadores cualificados que necesitará este ano. Só Airbus prevé a creación de 4.000 empregos no 2012. Compiten coa multinacional McDonald?s como campións na creación de emprego en Francia.

 

Especialidades

Tamén fan falta analistas financeiros, auditores e expertos na xestión de empresas. Aí atopou o seu oco Javier Echeverría, un madrileño de 35 anos que decidiu cruzar os Pireneos ao crebar a súa empresa de espectáculos cando os concellos deixaron de repartir subvencións á cultura. Chegou hai catro meses, atopou traballo como recepcionista de noite nun hotel e antes de cobrar o seu primeiro soldo xa o ascenderon ao departamento comercial. Máis que a súa licenciatura en Arte Dramático, axudáronlle os seus estudos de mercadotecnia e os catro idiomas que domina. «Foi moi duro, pero a verdade é que non me podo queixar», comenta.

Os franceses necesitan tamén médicos e enfermeiras, e técnicos relacionados coa construción, un sector que cobra en Francia o auxe perdido en España. Buscan sobre todo arquitectos e aparelladores para dirixir proxectos. Os postos de albaneis repártenllos os europeos do leste, os magrebís e os subsaharianos.

«Vir a Francia é o menos aventureiro da aventura de deixar o propio país»

Leva cinco meses no posto de cónsul xeral de España en París e, aínda que lle faltan os medios, Francisco Javier Conde constatou o desembarco en Francia dun número importante de mozos profesionais españois ao longo dos dous últimos anos.

 

-¿Quen son estes novos emigrantes que chegan agora a este país ?

-Hai un pouco de todo. Moito técnico, sobre todo enxeñeiros e informáticos, e tamén economistas e arquitectos. Moito menos no terreo das humanidades, onde o mercado laboral francés é moito máis restrinxido. En xeral, coinciden coas necesidades do mercado laboral francés.

-¿Continúan chegando representantes da emigración tradicional?

-Moi pouco. O que cambiou radicalmente é o concepto de emigración. Desde hai uns anos, coa progresiva consolidación do concepto de cidadanía europea, no que España foi pioneira, deixa de ter sentido a noción de emigrante. Non somos emigrantes en Francia, somos cidadáns con plenitude e igualdade de dereitos. Iso é o que cambiou profundamente. A conquista deses dereitos foi unha loita permanente da emigración española.

 

-Os descendentes dos emigrantes de hai décadas están sen dúbida moito mellor preparados?

-Os fillos dos emigrantes tradicionais incorporáronse plenamente á sociedade francesa e están moito mellor do que estaban os seus pais. Moitos optaron pola nacionalidade francesa para ser cidadáns de pleno dereito. Pero por mor da lei de memoria histórica houbo recuperacións de nacionalidade, uns poucos miles de expedientes nos tres anos que durou a experiencia, aínda que os medios do consulado non aumentaron. Por iso tampouco temos estatísticas. Fáltannos recursos para informatizar os datos.

 

-¿Que é o que anima actualmente aos mozos profesionais españois a vir instalarse en Francia?

-O máis atractivo é que é o país europeo ao que máis nos parecemos por estrutura mental, lóxica do idioma? unha serie de factores intangibles que fan que a vida neste país sexa bastante fácil. É moito máis complicado noutros países como Alemaña. Vir a Francia é o menos aventureiro da aventura de deixar o propio país.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Maio 2024
LMMeXVSD
  12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031  
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas