GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

O Concello de O Carballiño acolle a exposición fotográfica "Miradas en Construción"

(11/06/2012)

O Concello de O Carballiño acolle a exposición fotográfica "Miradas en Construción"

 
Luns, 11.06.2012
  • As fotos son obra de mulleres inmigrantes, realizadas nun obradoiro de fotografía documental.

Imaxe da presentación da exposición e o video-fórum. Foto: Concello de O Carballiño.

As paredes do concello do Carballiño acollen, desde o pasado luns, a exposición Miradas en construción, unha mostra sobre distintos aspectos das migracións femininas, elaborada por mulleres emigrantes. O obxectivo é invitar á cidadanía á reflexión sobre a migración e a realidade destas mulleres. Así o presentaba o edil de Educación Rodrigo González Hermida. Ademais da exposición tamén se celebrou un vídeo forum sobre xénero e emigracións, con documentais audiovisuais elaborados por mulleres emigrantes.

A exposición componse de 9 traballos desenvolvidos por un grupo doutras tantas mulleres emigrantes residentes en Cataluña durante un taller de fotografía documental, realizado a través de Acsur. En total son 68 fotografías, acompañadas cada unha por un texto escrito pola autora.

Con respecto ao vídeo forum, este consistiu na proxección de dúas curtametraxes documentais seguidas dun espazo de reflexión e debate que foi dinamizado polo persoal de Acsur. Os documentais proxectados foron Desafiando fronteiras e Mulleres camiño.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Maio 2024
LMMeXVSD
  12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031  
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas