GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

A exposición “Nós mesmos. Asociacionismo galego na emigración”, inaugurouse en Xenebra por iniciativa do Consello da Cultura Galega e a Sociedade "A Nosa Galiza".

(26/06/2012)

A exposición “Nós mesmos. Asociacionismo galego na emigración”, inaugurouse en Xenebra por iniciativa do Consello da Cultura Galega e a Sociedade "A Nosa Galiza".

 
Martes, 26.06.2012

Exposición "Nós mesmos. Asociacionismo Galego na Emigración".

A exposición Nós mesmos. Asociacionismo Galego na Emigración, realizada polo Consello da Cultura Galega a través do seu Arquivo da Emigración Galega, pode verse desde o 22 de xuño ata o vindeiro 22 de xullo en Xenebra (Suiza), por iniciativa da Sociedade Cultural e Deportiva “A Nosa Galiza”.

A mostra, que xa percorreu diferentes países de Europa e América, foi inaugurada o pasado venres ás 20,00 h. polo presidente do Consello da Cultura Galega, Ramón Villares, xunto co presidente da Sociedade “A Nosa Galiza”, Manuel Vilariño.

A exposición Nós mesmos. Asociacionismo Galego na Emigración consta de sete bloques temáticos, desenvolvidos en 55 paneis, e permite seguir a evolución das sociedades microterritoriais e as dimensións mutualista, educativa, artística, cultural, sanitaria e política do asociacionismo galego na diáspora, lembra Pilar Cagiao, comisaria do proxecto xunto con Vicente Peña Saavedra. Esta iniciativa do Consello da Cultura Galega contou coa colaboración da Secretaría Xeral da Emigración da Xunta de Galicia.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Maio 2024
LMMeXVSD
  12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031  
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas