GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

De Liechtenstein e Suíza, á Costa da Morte

(03/08/2012)

De Liechtenstein e Suíza, á Costa da Morte

 

Como todos os veráns e moito Nadal, verán numerosos vehículos con matrícula suíza polas estradas da Costa da Morte. É unha tradición que ten xa máis de 40 anos. BE, ZH, XO, GE... Co tempo foi a menos, pero como isto siga así (moitos regresan e outros proban sorte alá co traballo como antes o fixeron os seus pais noutras circunstancias culturais e sociais), volveremos velas en cantidade. Quen nolos ía a dicir. Hai moitos menos emigrantes de Liechtenstein, pero por Cee aínda ven unhas cantas matrículas deste Estado que mide pouco máis que Carballo. Claro, non é comparable: no Principado residen apenas tres centenares de españois e galegos, a maior parte procedentes desta comarca. É unha parroquia máis, tal cal, repartidos entre Vaduz, Schaaan e algún outro lugar Son poucos, si, pero moi notorios. O presidente do centro español Santiago Apóstolo (xa falamos dela noutras ocasións) é Manuel Figueroa Rodríguez, nacido en Ozón-Muxía, casado cunha cercedense e con casa en Cee. Comarcal 100%. O xenro, Sergio Vilela, tamén é muxián. Veñen todos os anos (se non recordo mal, tamén para casar á filla non fai moito) e por aí están de novo. Del seguiremos falando mentres manteña a presidencia da entidade, que ostenta desde o ano 1999. Unha asociación coñecida e respectada tamén entre os centros galegos de Suíza.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Maio 2024
LMMeXVSD
  12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031  
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas