GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

O electorado galego no estranxeiro poderá solicitar o seu voto ata o 22 de setembro

(10/09/2012)

O electorado galego no estranxeiro poderá solicitar o seu voto ata o 22 de setembro

 
 
Mércores, 05.09.2012
  • Un total de 397.284 persoas poderán exercer o seu dereito dende fóra do país para as eleccións do 21-0.

Eleccións ao Parlamento de Galicia 2012.

Un total de 397.284 persoas con dereito a voto nas eleccións galegas do 21 de outubro poderán elixir ao próximo presidente da Xunta de Galicia. Esta cifra supón un aumento de 62.585 persoas respecto ás autonómicas de marzo de 2009.

Estes electores e electoras poderán solicitar a súa documentación para votar ata o día 22 de setembro, mediante o envío dun impreso oficial á súa correspondente delegación provincial onde estean inscritas no censo electoral. O prazo encóntrase aberto dende o 28 de agosto. Entre o 25 de setembro e o 1 de outubro, os e as votantes residentes no estranxeiro recibirán a súa documentación, que deberán remitir de volta entre o 25 deste mes e o 16 de outubro. Entre o 17 e o 19 dese mesmo mes, deberán depositar o seu voto.

Por países de residencia, as cidadás e os cidadáns galegos con dereito a voto repártense, sobre todo, en Arxentina (141.680 votantes), Venezuela (37.445), Brasil (36.683), Uruguai (34.743) e Suíza (30.123).

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Maio 2024
LMMeXVSD
  12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031  
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas