GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Pontecesures rende tributo aos seus veciños e veciñas na diáspora

(10/10/2012)

Pontecesures rende tributo aos seus veciños e veciñas na diáspora

 
 
Mércores, 10.10.2012
  • A localidade celebrou este luns o centenario dunha bandeira galega regalada pola Sociedad Cesureña en La Habana.

As e os descendentes de José Llerena foron protagonistas da ceremonia. Foto: Iñaki Abella.

No ano 1912, José Llerena Braña, presidente da Sociedad Cesureña en La Habana, volveu ao seu pobo natal, Pontecesures, cun encargo moi especial: facer entrega á Liga de Amigos do Carmen unha bandeira galega, de seda natural, que tiña pintado ao óleo, no centro, a ponte romana de Cesures a un lado e outro o escudo de Galicia. Na mañá do pasado, as e os descendentes de Llerena protagonizaron os actos de celebración do centenario dese estandarte, cuxo orixinal se conserva enmarcado no salón de plenos do Concello.

Arrancou a xornada ás once e media, na rúa da Paxareira, onde reside un dos netos daquel Llerena que veu da Habana. Marcial Villamarín é o depositario da réplica da bandeira que dende hai anos ocupa o lugar da orixinal nos actos do Carmen. Esa réplica ondeou de novo na rúa, da man doutro dos descendentes de Llerena, Daniel Seijas. Ademais de encabezar unha comitiva da que formaron parte veciños e veciñas e varios concelleiros e concelleiras tanto do goberno coma da oposición, Seijas foi unha das persoas que tomou a palabra durante o acto institucional que tivo lugar, a mediodía, no Concello. No seu discurso enxalzou non só ás e aos emigrantes cesureños na Habana, senón que quixo facer da súa intervención un recoñecemento a todas aquelas persoas que tiveron que deixar o seu país, que "viron ou que había fóra e que quixeron colaborar a que Galicia medrase e progresase". A nai de Daniel, María Segunda Llerena, tamén interveu no acto, neste caso para dar lectura a algúns poemas escritos polo seu avó e recollidos baixo o título "Recordos de Aldea". Angueira, o alcalde, tamén tomou a palabra e, de novo, o seu discurso quixo ser unha homenaxe e un agradecemento a todos os e as emigrantes.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Maio 2024
LMMeXVSD
  12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031  
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas