GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Igualdade e a Asociación de Centros Homologados desenvolven un programa de información sociolaboral para mulleres inmigrantes vítimas de violencia de xénero

(15/10/2012)

Igualdade e a Asociación de Centros Homologados desenvolven un programa de información sociolaboral para mulleres inmigrantes vítimas de violencia de xénero

 
Sábado, 13.10.2012
  • A iniciativa, posta en marcha en 2009, obedece á necesidade de facer fronte á evolución crecente da porcentaxe de mulleres inmigrantes, especialmente extracomunitarias, que son vítimas de violencia de xénero.
  • Na edición do pasado ano participaron no programa 210 mulleres de 22 nacionalidades, maioritariamente brasileiras, marroquíes e colombianas.

Xunta de Galicia

A Secretaría Xeral da Igualdade vai subvencionar este ano cunha contía máxima de 30.000 euros un programa da Asociación de Centros Homologados, ACH, dirixido a mulleres inmigrantes, preferentemente vítimas de violencia de xénero, mediante o desenvolvemento de accións que melloren a súa accesibilidade ao mercado laboral. Este proxecto colaborativo, iniciado en 2009 en resposta á evolución crecente da porcentaxe de mulleres inmigrantes, especialmente extracomunitarias, que son vítimas de violencia de xénero, chega á súa cuarta edición en virtude do convenio asinado a pasada semana entre a Secretaría Xeral da Igualdade e a ACH.

En consecuencia, ACH vai desenvolver no último trimestre deste ano un programa de información e sensibilización para mellorar a empregabilidade deste colectivo de mulleres, mediante unha oferta de accións que abranguen as catro provincias. Os contidos da oferta formativa están orientados a fomentar coñecementos e destrezas na busca activa de emprego, a informar dos fundamentos das políticas sociais relacionadas co emprego e a inmigración, das accións a emprender nos casos de violencia de xénero e a favorecer a cultura asociativa mediante redes de relación entre as mulleres participantes no programa.

A dinámica utilizada consiste na realización de obradoiros itinerantes, unha xornada presencial sobre información e inserción sociolaboral de carácter eminentemente práctico e técnicas de busca de emprego a través da rede. Na edición do pasado ano realizaronse sesións en 13 localidades das catro provincias, nas que participaron un total de 210 mulleres de 22 nacionalidades, maioritariamente brasileiras, marroquíes e colombianas.

ACH é unha entidade sen ánimo de lucro, sensibilizada coa igualdade de xénero, que desenvolve proxectos encamiñados á mellora da empregabilidade nos sectores onde a muller está infrarrepresentada ou nos sectores desfavorecidos de Galicia.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Maio 2024
LMMeXVSD
  12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031  
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas