GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

O Goberno remite ás Cortes un convenio complementario de Seguridade Social con Brasil

(15/10/2012)

O Goberno remite ás Cortes un convenio complementario de Seguridade Social con BrasilGrupo

Crónicas de la Emigración
Redacción, Madrid - 11 Outubro 2012

O Consello de Ministros aprobou este venres, día 11, un acordo polo que se dispón a remisión ás Cortes Xerais do convenio complementario de revisión do Convenio de Seguridade Social asinado entre España e Brasil, cuxa firma autorizou o pasado 16 de decembro de 2011 o Consello de Ministros.

O presente convenio complementario prevé a revisión material do convenio, excluíndo a prestación de asistencia sanitaria. En consecuencia, o convenio aplicarase: 

. Por parte de Brasil, ás lexislacións brasileiras que rexen o Réxime Xeral da Previsión Social no referente a xubilación por invalidez, xubilación por idade, pensión por falecemento, accidente de traballo e enfermidade profesional. 

. Por parte de España, á lexislación relativa ao Réxime Xeral e Réximes Especiais do Sistema Español de Seguridade Social, excepto os réximes especiais de funcionarios públicos, civís e militares, en materia de incapacidade permanente, xubilación, pensións por morte e supervivencia, accidente de traballo e enfermidade profesional.

Ademais, o presente convenio introduce as seguintes novidades: 

. En relación á determinación do prazo para o inicio dun novo desprazamento unha vez finalizado o período máximo previsto no Convenio, inclúese un novo apartado no que se sinala que "unha persoa que sexa desprazada polo período máximo previsto só poderá beneficiarse dun novo desprazamento despois de que transcorra un prazo de catro meses, contados desde o fin do desprazamento anterior". 

. No que se refire ao cálculo do importe de prestacións debidas por Brasil, "... en ningún caso o importe da prestación teórica poderá resultar de valor inferior ao salario mínimo garantido pola lexislación nacional".

Este convenio garante os dereitos adquiridos con arranxo ao convenio anterior, establecendo que, unha vez entre en vigor este novo convenio, non se recoñecerá ningunha prestación que non estea prevista nel, fóra das que nesa data estean en trámite.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Maio 2024
LMMeXVSD
  12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031  
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas