GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

O Comisario de Emprego da UE pide facilitar a mobilidade dos inmigrantes cualificados

(07/11/2012)

O Comisario de Emprego da UE pide facilitar a mobilidade dos inmigrantes cualificados

06-11-2012 /  EFE

O comisario europeo de Emprego e Asuntos Sociais, Laszlo Andor, destacou hoxe a necesidade de políticas de inmigración destinadas a facilitar a mobilidade laboral dos traballadores cualificados de terceiros países, con vistas a cubrir as necesidades de sectores con carencia deste tipo de man de obra.

O comisario pronunciouse así durante a súa intervención nunha conferencia sobre a mellora do acceso a información do mercado laboral para os inmigrantes e os empleadores, celebrada hoxe en Bruxelas.

Ao seu xuízo, na UE "non se valora de forma satisfactoria" a importancia dos inmigrantes para os mercados laborais, mentres que Europa "segue sendo menos atractiva" para os traballadores altamente cualificados ante outros destinos como EEUU, Canadá ou Australia.

"O maior problema da UE na actualidade é a baixa demanda laboral debido ás incertezas que afectan ás compañías", sinalou Andor.

Por iso, sinalou a necesidade de compatibilizar as medidas destinadas a "mobilizar todo o potencial laboral da UE" con "unha política migratoria que abra camiños para os traballadores inmigrantes cualificados".

Neste sentido, recordou que a estratexia Europa 2020 aposta por "aproveitar mellor o potencial dos traballadores inmigrantes que xa residen legalmente na UE, á vez que abre o camiño para nova inmigración económica en sectores adicionais onde se detectan carencias de traballadores cualificados", subliñou o comisario.

En concreto, Andor fixo fincapé en "reducir a brecha de falta de información" entre os empleadores, os servizos de procura de emprego e os inmigrantes.

Os inmigrantes enfróntanse a miúdo a "moitas dificultades" para acceder á información, mentres que unha parte considerable das ofertas de postos de traballo cualificado parten de pemes "que dispón de medios humanos para xestionar os recursos humanos ou non teñen acceso a información do mercado laboral", sinalou.

O comisario recalcou a "urxencia" de medidas neste sentido, para facer fronte ao "desafío" que supón o envellecemento demográfico da poboación europea combinado co descenso previsto na chegada de man de obra con estudos superiores.

"Europa debe ser capaz de responder con rapidez ás necesidades emerxentes dos sectores máis competitivos", destacou Andor, quen advertiu do risco de que a UE "perda oportunidades" nunha contorna global cada vez máis esixente.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Maio 2024
LMMeXVSD
  12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031  
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas