GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Os inmigrantes seguen buscando unha saída laboral no autoemprego

(21/11/2012)

Os inmigrantes seguen buscando unha saída laboral no autoemprego

MÉRCORES, 21 NOVEMBRO 2012



Autónomos

 

 

 

A tendencia do ano segue sendo positiva, pero o mes de outubro rompeu levemente con ela. Se o número de traballadores autónomos estranxeiros creceu nos dez primeiros meses do ano un 4,1%, en outubro experimentou un descenso do 0,03% respecto de setembro.

O Réxime Especial de Traballadores Autónomos (RETA) perdeu unha media de 66 cotizantes estranxeiros en outubro, ata sumar 217.125 afiliados. Con todo, segundo a Federación de Asociacións de Autónomos (ATA), nos dez primeiros meses de 2012 rexistráronse 8.613 novos emprendedores estranxeiros.

A organización volveu a pór a énfase na positiva evolución dos emprendedores inmigrantes. E é que mentres que o Réxime de Autónomos perdeu 109 emprendedores ao día, a cifra de traballadores por conta propia estranxeiros creceu en 28 cotizantes diarios.

Ata outubro, o ranking por nacionalidades dos traballadores autónomos estranxeiros estivo liderado pola comunidade chinesa, que sumou 2.569 novos afiliados ata outubro, un 7% máis e que supón o 30% do total. O colectivo marroquí e romanés tamén protagonizan as boas cifras de afiliación de estranxeiros no RETA.

Pola súa banda, a asociación UPTA pediu ao Goberno que adote medidas para fomentar e facilitar o emprendemento entre a poboación inmigrante, un colectivo que debe afrontar importantes trabas administrativas para obter o permiso de traballo por conta propia, máis aínda se o fai por medio do arraigamento social.

Fronte ás malas cifras de paro que afecta aos inmigrantes no Réxime Xeral, que superan a media española, o autoemprego e o traballo autónomo foi unha alternativa para moitos traballadores estranxeiros. Queda por ver se a leve caída de outubro é puntual ou rompe coa tendencia positiva que se veu rexistrando nos últimos meses. www.redinmigrante.es

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Maio 2024
LMMeXVSD
  12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031  
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas