(23/01/2013)
Inmigración e Mercado de Traballo. Informe 2011
Publicacións da Secretaría Xeral de Inmigración e Emigración. Inmigración e mercado de traballo. Informe 2011
Autores: Concepción Carrasco Carpio e Carlos García Serrano
Inmigración e mercado de traballo. Informe 2011 proporciona unha análise da situación laboral da poboación inmigrante que reside en España, continuando co labor de informes de anos anteriores.
O informe consta de duas partes. A primeira contén os capítulos dedicados a analizar a situación actual dos individuos inmigrados no mercado de traballo español, facendo un exercicio comparativo ao longo do tempo. Os temas abordados nos capítulos un a seis son o contexto económico e social e a evolución dos fluxos e os stocks migratorios; a situación de emprego e a súa evolución recente da poboación inmigrada en comparación coa situación dos españois; a distribución sectorial e ocupacional, situación profesional e réximes de cotización da poboación inmigrada; a situación de desemprego dos traballadores e a movilidade territorial interna e externa.
A segunda parte está dirixida á análise da movilidade laboral. Trala presentación dalgunhas fontes estatísticas que poden empregarse para levar a cabo estudos nesta materia, o capítulo sete utiliza unha serie de cortes transversales da EPA para estudar os cambios na composición sectorial e ocupacional do emprego de españois e estranxeiros. No capítulo oito realízase unha análise agregada da movilidade laboral baseado no seguimiento de cohortes ficticias da EPA. Finalmente, o capítulo nove dedícase á descrición, revisión e uso da Mostra Continua de Vidas Laborais, e realiza unha análise sinxela de comparación de situacións laborais e combinacións de ingresos correspondentes a diferentes colectivos segundo a súa nacionalidade e lugar de nacemento.
Para terminar, o último capítulo proporciona as conclusións do informe.
[Acceso ao documento completo en formato PDF]
|
OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO
(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
inmigracion@fegamp.es
Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas