(28/01/2013)
'Excesivas' restricións para que os inmigrantes accedan ao emprego
VENRES, 25 XANEIRO 2013
As 'excesivas restricións' que impón España aos estranxeiros no acceso ao traballo supón un incumprimento da Carta Social Europea, segundo sinala o informe de conclusións 2012 do Comité Europeo de Dereitos Sociais sobre España.
O documento cuestiona que as numerosas limitacións que se impón aos inmigrantes no acceso ao servizo público de emprego vulnera os artigos relacionados co dereito ao traballo e a protexer de xeito eficaz o dereito do traballador a gañarse a vida mediante un traballo libremente elixido. Tamén o que ordena establecer ou manter servizos gratuítos de emprego para todos os traballadores.
O informe tamén sinala que non hai igualdade na asistencia financeira para cidadáns que traballan regularmente en España e para os doutros estados membros da Unión Europea para o dereito á formación profesional.
Outros cuestionamentos teñen relación co obxectivo de obter e manter un nivel máis elevado e estable de emprego e con asegurar a formación técnica e profesional de todas as persoas, incluídos os minusválidos, entre outros.
Con este documento, o Comité Europeo de Dereitos Sociais formado por expertos independentes avalía anualmente o cumprimento da Carta Social Europea por parte dos Estados, que España ratificou o 6 de maio de 1980 en Estrasburgo.
www.redinmigrante.es
|
OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO
(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
inmigracion@fegamp.es
Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas