GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Mestura presenta a aplicación para iPhone 'Nais do Mundo'

(30/01/2013)

Mestura presenta a aplicación para iPhone 'Nais do Mundo'

 
 
  • Esta iniciativa enmárcase dentro do programa Ne-Nei-Ras, que conta co financiamento da Secretaría Xeral da Igualdade da Xunta de Galicia.
Mestura presenta a aplicación para iPhone 'Nais do Mundo'
A Coruña, 29 de xanerio de 2013.

 A Secretaría Xeral da Igualdade financia o proxecto Ne-Nei-Ras que, dende o ano 2010, desenvolve a ONG Mestura para atender de xeito integral as necesidades e problemáticas de mulleres inmigrantes xestantes ou con fillos ou fillas de ata tres anos. Unha das iniciativas máis interesantes deste programa é a aplicación para iPhone e iPad 'Nais do Mundo', destinada a profesionais do mundo sanitario do ámbito da maternidade, para mellorar a comunicación cos seus e as súas pacientes. A presentación desta aplicación ante os medios de comunicación terá lugar mañá, día 30 de xaneiro, no edificio de usos múltiples da Xunta  de Galicia na Coruña (praza de Luis Seoane, s/n) ás 10,30 horas.

Como experiencia piloto, 'Nais do Mundo' céntrase nas claves culturais do colectivo marroquí, ao ser un dos que representan máis diferenzas nos seus costumes arredor da xestación ou o postparto. Ao acto de presentación acudirán a Secretaria Xeral de Igualdade, Susana López Abella; a delegada territorial, Belén do Campo; a coordinadora de Mestura, Silvia Mosuera Mirás; a técnica do Sergas e concelleira de Sanidade e Igualdade no Concello de Culleredo, Rocio Sampedro, e Marcos Saco e Juan Gestal representando á empresa Movendo, desenvolvedora da aplicación.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Maio 2024
LMMeXVSD
  12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031  
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas