GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Galicia, a comunidade con máis emigrantes no 2012

(15/02/2013)

Galicia, a comunidade con máis emigrantes no 2012

Máis de 15.000 os traballadores galegos que cambiaron de país en busca dunha oportunidade laboral

Autor:
Efe
Data
             14/2/2013

Galicia é a comunidade na que máis traballadores decidiron abandonar o seu lugar de residencia para buscar unha oportunidade laboral no estranxeiro. Un totald de 15.000 galegos decantáronse por esta opción aínda que, dado que o censo de galegos residentes no estranxeiro é o máis alto do país (387.000) o crecemento é o menor de todas as comunidades, o 3,9 %.

No entanto, a empresa de traballo temporal, con datos da última EPA, resalta nun comunicado que no 2012 foron máis de 15.000 os traballadores galegos que emigraron en busca dunha oportunidade laboral, co que a cifra de galegos maiores de idade residentes no estranxeiro elévase a 402.669.

Por provincias, Lugo é a que rexistrou unha maior saída de capital humano cara ao estranxeiro, co 4,7 por cento; seguida de Ourense e Pontevedra, ambas co 3,9 %; e A Coruña, co 3,6 %.

En canto ás demandas que recibe Adecco, a empresa sinala o número de solicitantes para traballar no estranxeiro duplicouse nos últimos anos e representa agora un de cada catro dos que se dirixen a ela.

O perfil do demandante de emprego no estranxeiro é un mozo de 25 a 35 anos, altamente cualificado e sen cargas familiares, con todo, Adecco apunta que a tendencia está a cambiar e hai cada vez máis casos de desempregados maiores de 45 anos con familia, así como recentemente licenciados que queren dar os seus primeiros pasos profesionais fóra de España e perfís de baixa cualificación.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Maio 2024
LMMeXVSD
  12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031  
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas