GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Os escolares de Ferrol ilustran a riqueza cultural da inmigración

(20/02/2013)

Os escolares de Ferrol ilustran a riqueza cultural da inmigración

O consistorio acolleu a entrega de premios do concurso organizado por Benestar Social

Autor:
La Voz
Localidade:
Ferrol
Data
 

CEDIDA

O Concello de Ferrol celebrou esta mañá a entrega de premios do primeiro concurso de debuxo Que é para ti a inmigración?. Organizado pola Consellería de Benestar Social, no certame participaron preto de 200 escolares de Educación Primaria do municipio.

O alcalde da cidade, José Manuel Rey, presidiu o acto institucional, celebrado no salón de recepcións da consistorial e ao que asistiron alumnos, familiares e profesorado.

A finalidade do certame é crear unha «reflexión sobre a oportunidade e sobre a riqueza que supón a variedade de orixes, etnias, idiomas e culturas», segundo indican os organizadores do evento. De entre os 190 debuxos recibidos, seis foron distinguidos con obsequios como unha cámara dixital, unha caixa de pinturas, un lote de libros infantís, unha consola de videoxogos, un reprodutor multimedia ou uns auriculares.

Os premiados foron Antón Prieto Aneiras, Pedro Sanjosé López, Alejandro Varela Freire, Pablo Ares Coira, Natalia Rodríguez Fuentes e Carmen Fonte Santiago.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Maio 2024
LMMeXVSD
  12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031  
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas