GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

O Seminario "Elaboración e Xestión de Proxectos Sociais" celebrarase en Santiago de Compostela o vindeiro sábado

(12/03/2013)

O Seminario "Elaboración e Xestión de Proxectos Sociais" celebrarase en Santiago de Compostela o vindeiro sábado

 
  • Está organizado por Ad-Ecos, iniciativa da ONGD Ecos do Sur, dentro da súa liña de Ad-Workshop.
 
Cartel do Seminario co detalle do programa. Foto: Ecos do Sur.
Cartel do Seminario co detalle do programa. Foto: Ecos do Sur.
A Coruña, 11 de marzo de 2013.

Ad-Ecos, iniciativa da ONGD Ecos do Sur, dentro da súa liña de Ad-Workshop, desenvolverá un Seminario sobre a Elaboración e Xestión de Proxectos Sociais. Terá lugar o próximo sábado 16 de marzo no Centro de Negocios Compostela Norte, en Santiago de Compostela, de 9.30 a 14.30 h., por un prezo de 35 euros.

No seminario abordaranse aspectos como a Elaboración de Proxectos sociais, Como dirixirse a un financiador privado, Formas de financiamento actuais e Xestión de proxectos. Ademais incluirá 8 horas prácticas de tutorización na elaboración dun proxecto social. Esta iniciativa vai dirixida principalmente a estudantes de ramas sociais, traballadores e traballadoras en activo en entidades sociais, emprendedores e emprendedoras sociais e profesionais que queiran deseñar un proxecto social.

Será impartido polo Director de Ecos do Sur, o sociólogo Francisco Hurtado Durán, quen dirixiu máis de 200 proxectos, conseguindo que máis de 60 financiadores, entre eles Inditex, La Caixa ou Fundación Vodafone, apoiasen distintos proxectos da entidade.

As inscricións pódense realizar no teléfono (+34) 633 556 279, no teléfono (+34) 722 255 612 ou tamén a través do correo electrónico en info@ad-ecos.com.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Maio 2024
LMMeXVSD
  12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031  
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas