GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Axudas para o retorno a inmigrantes irregulares

(08/04/2013)

Axudas para o retorno a inmigrantes irregulares

O Ministerio de Emprego e Seguridade Social concederá axudas de ata 1.600 euros para os inmigrantes en situación irregular que queiran retornar aos seus países

parainmigrantes.info , abril 5, 2013

boletín oficial del estado


O pasado 23 de marzo de 2013 publicouse no BOE (Boletín Oficial do Estado) a Resolución do 12 de marzo de 2013, da Dirección Xeral de Migracións, pola que se convocan subvencións nas áreas de asilo e refuxio, inmigrantes vulnerables e para a atención sociosanitaria nos centros de estanza temporal de inmigrantes de Ceuta e Melilla, publicando con posterioridade unha corrección de erros, con data de 1 de abril de 2013.

Mediante esta resolución, o Ministerio de Emprego e Seguridade Social preténdese dar cumprimento ás obrigas que no Goberno recaen en aplicación da normativa tanto nacional como da Unión Europea en materia de protección internacional e se fomenta a integración das persoas solicitantes e beneficiarias de protección internacional, solicitantes e beneficiarias do recoñecemento da condición de apátrida, persoas acollidas ao réxime de protección temporal en España e das persoas inmigrantes en situación de vulnerabilidade, polo que procede efectuar a correspondente convocatoria.

Así, o Ministerio axudará a inmigrantes sen tarxeta de residencia comunitaria que regresen aos seus países de orixe ata con 1.600 euros por unidade familiar, sempre que non pedisen a nacionalidade española ou dalgún dos estados da Unión Europea.

Tamén se beneficiarán destas axudas os solicitantes de asilo que aínda non recibisen unha resposta definitiva á súa petición de protección internacional, sempre que non adquirisen unha nova nacionalidade e que non abandonasen España.

Os nacionais de terceiros países que teñan algún de tipo de protección internacional e aos que se encontren en situación irregular e estean considerados como persoas vulnerables, incluídos os menores non acompañados, persoas minusválidas ou de avanzada idade, mulleres embarazas e as persoas soas con fillos menores ao seu cargo, que fosen sometidas a tortura, violación ou outro tidpo de violencia psíquica ou sexual, tamén poderán solicitar estas axudas. Tamén as vítimas de trata de seres humanos, así como os seus fillos menores ou minusválidos, se se encontran en España.

Os que decidan regresar aos seus países de orixe percibirán unha axuda de 400 euros por persoa, ata un máximo de 1.600 euros por unidade familiar, así como 50 euros como "diñeiro de peto" por persoa (ata un máximo de 400 euros por unidade familiar) "para facilitar a manutención durante o transcurso da viaxe dende o seu lugar de residencia ata o punto de saída".

Os fondos europeos asumen así mesmo o gasto dos billetes de retorno ao seu país de procedencia dende o lugar do seu domicilio en España ao interesado e aos menores ou dependentes ao seu cargo. Tamén aos seus familiares ata segundo grao de consanguinidade. Por último abóanlles as taxas de visados ou de obtención da documentación necesaria para viaxar.
Podes ver a convocatoria completa picando aquí.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Maio 2024
LMMeXVSD
  12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031  
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas