GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Vigo terá 4 mesas para votar nas eleccións de Venezuela

(12/04/2013)

Vigo terá 4 mesas para votar nas eleccións de Venezuela

En España haberá cinco centros de votación situados en Madrid, Barcelona, Tenerife, Bilbao e a cidade galega

Máis de 20.000 venezolanos residentes en España están habilitados para votar o vindeiro domingo nas eleccións presidenciais do seu país, nas que compiten o actual «presidente encargado», Nicolás Maduro, e o candidato opositor, Henrique Capriles.

Os 20.306 cidadáns con dereito a voto en España supoñen o 0,10 % do padrón electoral venezolano, preto de 19 millóns de persoas, das cales máis de 100.000 son residentes no exterior do país.

Os cidadáns venezolanos habilitados para votar en España contarán con 5 centros de votación, situados en Madrid, Barcelona, Tenerife, Bilbao e Vigo.

Instalaranse en total 46 mesas de votación: 17 en Madrid, 13 en Barcelona, 9 en Tenerife, 3 en Bilbao e 4 en Vigo, segundo informou a Embaixada de Venezuela en Madrid.

Os centros de votación permanecerán abertos desde as 06.00 da mañá ata as 18.00 horas, aínda que se nese momento segue habendo electores que desexen sufragar ampliarase o horario.

A legación diplomática indicou que as caixas co material do Consello Nacional Electoral (CNE) xa se atopan desde hai días nos cinco consulados de Venezuela nesas cidades españolas.

Para estes comicios usarase o mesmo padrón electoral que durante as eleccións do pasado 7 de outubro, nas que foi reelixido como máximo mandatario de Venezuela Hugo Chávez, falecido o pasado 5 de marzo

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Maio 2024
LMMeXVSD
  12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031  
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas