(15/04/2013)
Aumenta a inmigración de mozos graduados en Francia
HispanTV 14/04/2013
No medio da paralizante crise económica que azouta a Europa, o diario francés Le Figaro informou do aumento da cifra de mozos franceses graduados que viaxan ao estranxeiro.
Segundo o informe publicado o sábado, unha cuarta parte dos graduados universitarios franceses expresa interese en traballar no estranxeiro, en busca de mellores condicións de vida.
Recentes estatísticas oficiais mostran que 150.000 mozos graduados de entre 18 e 25 anos de idade viven actualmente no estranxeiro. Os seus destinos máis preferidos son Suíza, o Reino Unido, Alemaña, Luxemburgo e Bélxica.
A inmigración xuvenil en Francia ten lugar a todos os os niveis sociais, segundo o documento que cita a unha enquisa que mostra que a principal causa do éxodo é o sentimento de malestar no país galo.
Un 13 por cento dos inmigrantes en Francia durante 2012 eran graduados, informa o texto, sinalando que un 27 por cento dos mozos que abandonou Francia durante os últimos tres anos, tiñan estudos superiores.
A crise de débeda, o alto prezo da vida e a taxa de desemprego que se achega ao récord histórico dende xuño de 1997 ameaza máis que nunca aos franceses, especialmente, aos mozos.
|
OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO
(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
inmigracion@fegamp.es
Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas