GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

O crac da inmigración agrava o drama poboacional de Galicia

(24/04/2013)

O crac da inmigración agrava o drama poboacional de Galicia

A comunidade perde 50 habitantes ao día no seu peor rexistro desde 1990

 

«Este vaise e... aquel non ven, ou outro morre e ninguén nace». Podería describirse a Galicia actual revisando aquel poema rosaliano de finais do XIX. Por primeira vez no que vai de século, a comunidade autónoma perdeu o ano pasado, en comparación co anterior, habitantes tanto estranxeiros como nacionais: 2.797 dos uns e 15.202 dos outros; en total, 17.999, a peor caída desde 1990. Ata o momento, o fenómeno inmigratorio viña paliando o fluxo de saídas e os baixos índices de natalidade, como reflexa o gráfico superior. Agora, co PIB nos infernos e o paro nos ceos, iso acabouse. Xa non hai reclamo: o crac na chegada de foráneos acentúa o drama poboacional. «Galicia, sen homes quedas».

Segundo datos difundidos onte polo Instituto Nacional de Estatística (INE), o 1 de xaneiro do 2013 na suma das catro provincias vivían legalmente 2.763.499 persoas, un 0,6 % menos que ás mesmas alturas do 2012, cando no conxunto de España, nese período de tempo, produciuse un descenso de apenas catro décimas porcentuais. Entre unha data e a outra, a comunidade foise deixando polo camiño veciños a un ritmo medio de 50 cada día.

En termos relativos, por territorios, Ourense liderou o retroceso demográfico, cunha baixada do 1,21 %, seguido de Lugo (-0,93), A Coruña (-0,58) e Pontevedra (-0,43). En números absolutos, en cambio, míngualas encabezáronas, por esta orde: coruñeses (6.608 menos), pontevedreses (4.162), ourensáns (3.993) e lucenses (3.236).

A Xunta, namentres, fíao todo ao plan de revitalización que o Parlamento, cos únicos votos favorables do PP, aprobou en comisión hai 17 días. O proxecto consta de 67 medidas cuxa aplicación, só no ámbito fiscal, mobilizará 90 millóns ao longo do próximo cuadrienio. Trátase, en expresión de Feijoo, de . «cortar a hemorraxia»Á oposición non lle vale.

A terceira autonomía máis envellecida de toda España

As témperas do INE pintan o cadro dunha Galicia non só menguante, senón tamén envellecida. Non en balde, hai catro meses a idade media dos 2,76 millóns de residentes na comunidade situábase nos 45,7 anos, 3,8 por encima da media: 41,9. Trátase dun rexistro que só empeoran dúas autonomías: Asturias, con 46,6, e Castela e León, con 45,9. Na suma das catro provincias xa viven moitos máis maiores de 74 (350.202) que menores de 20 (326.563). De feito, concentran un 9,8 % dos centenarios empadroados en todo o país: 1.204 de 12.300.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Maio 2024
LMMeXVSD
  12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031  
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas