GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Xuventude abre o prazo para anotarse nas 288 prazas dos campos de traballo

(25/04/2013)

Xuventude abre o prazo para anotarse nas 288 prazas dos campos de traballo

Redacción, Santiago |Cronicas da Emigración| 24 Abril 2013 -

A Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado abre este xoves, día 25, o prazo de inscrición para participar nalgunha das 288 prazas que oferta este ano a través dos campos de traballo. O prazo rematará o 11 de maio para os campos internacionais (118 prazas); o 16 de maio para os que se celebran noutras comunidades autónomas (89); e para os que teñen lugar en Galicia (81), o prazo remata tres días antes do inicio da actividade. Os interesados xa poden realizar a súa solicitude a través da web http://xuventude.xunta.es.

Os campos de traballo, dirixidos a mozos e rapazas de entre 18 e 30 anos, son actividades encamiñadas a favorecer a convivencia, participación tolerancia e solidariedade entre a xuventude a través da realización de labores voluntarios en actuacións de interese social.

En Galicia, esta iniciativa terá lugar nas Illas Cíes, Lalín, Esgos, Muíños, Celanova, Vilar de Barrio, Ponteceso, Boqueixón, Rois e Palas de Rei. As quendas serán de 12 ou 15 días ao longo do verán e os voluntarios poderán tomar parte en actividades ambientais, etnográficas, arqueolóxicas ou de fomento do emprendimento. Ademais, os participantes nos campos ambientais realizarán labores de vixilancia dos montes e dos recursos naturais.

Os campos de traballo que se celebran en Galicia están dirixidos tanto a mozos de Galicia, coma a residentes noutras rexións e países como Francia, Alemaña, Grecia, Italia, Corea do Sur ou Xapón, así como a voluntarios procedentes da Galicia exterior.

Pola súa banda, os mozos galegos poden inscribirse nalgúns dos 49 campos de traballo que se organizan noutras comunidades autónomas: A Rioxa, Andalucía, Aragón, Canarias, Cantabria, Castela e León, Cataluña, Ceuta, Extremadura, Madrid, Melilla, País Vasco e Valencia. O traballo voluntario que se realiza conta cunha gran variedade, abranguendo temáticas de intervención social, medio ambiente, arqueoloxía ou a recuperación do patrimonio.

Por último, a oferta dos campos de traballo fóra de España inclúe un total de 27 países dos cinco continentes.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Maio 2024
LMMeXVSD
  12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031  
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas