GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Beatriz Mato asegura que a emigración de mozos galegos «non crece»

(13/06/2013)

Beatriz Mato asegura que a emigración de mozos galegos «non crece»

A conselleira defende que Galicia «está mellor que a media estatal» en canto á emigración de menores de 30 anos

Estes datos extraídos do Instituto Nacional de Estatística son o que permitiu a Beatriz Mato concluír que «non só Galicia non está peor, senón que está mellor que a media estatal». A continuación, a conselleira asegurou que, durante o tempo en que socialistas e nacionalistas gobernaban a Xunta, eran máis de 13.000 os mozos que anualmente deixaban Galicia. Por iso, Mato espetou a Vicente Docasar: «Hai que pór as cousas no seu sitio: hai emigración, sempre a houbo, pero non crece».

Con todo, o socialista persistiu nas súas críticas e lamentou que antes a comunidade «exportaba man de obra barata» e agora siga o mesmo camiño «man de obra altamente cualificada». «Hai que tomar decisións rápidas e contundentes para parar isto, para non deixar ao noso país sen futuro», remachou.

Respecto diso, Mato asumiu que os datos de emigración xuvenil «non son aceptables», como tampouco que haxa «máis de 51.000 mozos en paro» en Galicia, pero enumerou os plans postos en marcha pola Xunta e o Estado para asegurar que traballa para que «todos eles poidan quedar» na súa terra.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Maio 2024
LMMeXVSD
  12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031  
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas