GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Pontevedra.O concello asina un acordo cos 115 senegaleses que residen na cidade

(05/07/2013)

O concello asina un acordo cos 115 senegaleses que residen na cidade

A asociación que os representa, Dioco, asinou onte a súa integración no proxecto Hedra

Membros do colectivo coa concelleira Carmen Fouces. ramón leiro

 

O proxecto Hedra que impulsa a Concellería de Benestar Social Municipal conta desde onte cun novo integrante. A concelleira Carmen Fouces asinou o acordo coa asociación pontevedresa de senegaleses Dioco na Casazul, lugar onde a partir de agora realizarán as súas actividades.

Este acordo supón unha oportunidade para a asociación, que contará con maior visibilidade e facilidades agora que forma parte desta proposta, xa que ata a data, a sede da mesma atopábase no domicilio do seu presidente, Abdul Fatta Seye, que aclarou que sempre se sentiu moi ben acollido pola cidade. Dioco, que conta con 115 integrantes, ten como obxectivo a integración dos seus membros na cidade, ademais de achegar a cultura senegalesa ao resto de pontevedreses.

A súa entrada en Hedra, que pretende consolidar unha rede social na cidade, súmase ás doutros colectivos como a Federación de Xordos de Galicia ou a Asociación Galega de Lupus.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Maio 2024
LMMeXVSD
  12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031  
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas