GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Hai 232 millóns de emigrantes en todo o mundo

(13/09/2013)

Hai 232 millóns de emigrantes en todo o mundo


Inmigrante Currante
Foto: EUROPA PRESS

España, un ano máis no 'top ten' mundial de países por crecemento do número de inmigrantes no seu territorio

MADRID, 11 Setembro (EUROPA PRESS) -

A cifra de emigrantes internacionais tocou un novo máximo histórico este ano e estímase por enriba dos 232 millóns de persoas, é dicir, que o 3,2 por cento da poboación mundial se trasladou a vivir a un país distinto do que naceu, conforme os datos difundidos este mércores pola Organización de Nacións Unidas.

O informe, emitido de cara ao Diálogo de Alto Nivel sobre a Migración Internacional e Desenvolvemento que acollerá a ONU o 3 de outubro, destaca que na actualidade "hai máis persoas que nunca vivindo no estranxeiro" e recorda que fronte aos 232 millóns de persoas que actualmente viven en países onde non naceron, no ano 2000 se contaban 175 millóns e 154 millóns só unha década antes, no ano 1999.

En paralelo, apunta un cambio de tendencia, pola que os desprazamentos entre países do Sur empezan a tomar as mesmas dimensións que os traslados de Sur a Norte. Así, en 2013 un total de 82,3 millóns de emigrantes nacidos en países en desenvolvemento residían noutros países da mesma condición, mentres 81,9 millóns orixinarios destes vivían en Estados do chamado mundo desenvolvido.

Non obstante, a cifra entre ambos os dous lados do planeta aínda dista de equipararse, pois na actualidade os países do Norte acollen 136 millóns de emigrantes internacionais fronte aos 96 millóns instalados en países do Sur. En total, o 74 por cento dos expatriados teñen entre 20 e 64 anos e un 48% son mulleres.

O informe revela que Europa, con 72 millóns en 2013, e Asia, con 71 millóns, acollen case dous terzos dos emigrantes internacionais de todo o mundo. De feito, Asia foi o destino no que máis creceu a poboación emigrante dende o ano 2000, cun aumento de 20 millóns de persoas.

O director de Poboación no Departamento de Asuntos Sociais e Económicos da ONU, John Wilmoth, atribúe este feito ao incremento da demanda de man de obra estranxeira para a extracción de petróleo nos países tanto do oeste coma do sueste asiático, países con economías que rexistraron un rápido crecemento nos últimos anos, como Malaisia, Singapore e Thailandia.

A METADE DOS EMIGRANTES VIVE EN DEZ PAÍSES

Non obstante, América do Norte segue sendo un dos lugares con máis poboación emigrada e a segunda que máis creceu na última década en termos absolutos, cun incremento próximo aos 23 millóns de persoas. Ségueno Emiratos Árabes, cun aumento de sete millóns de emigrantes internacionais no seu territorio dende o ano 2000 e España, que creceu en seis millóns no mesmo período, segundo os datos da ONU.

Con todo, o informe sinala que a migración internacional segue estando altamente concentrada nun puñado de destinos, xa que en 2013, a metade do total de expatriados do mundo vivía en dez países. A lista encabézaa Estados Unidos, con 45,8 millóns; seguido de Rusia, con 11 millóns; Alemaña, onde residen 9,8 millóns de emigrantes; Arabia Saudí, destino de 9,1 millóns; e os Emiratos Árabes e o Reino Unido, que contan 7,8 millóns cada un.

No sexto posto aparece Francia, cunha poboación de 7,4 millóns de inmigrantes internacionais no seu territorio; e por detrás están Canadá, que ten 7,3 millóns; Australia, con 6,5 millóns de emigrantes e España, que ocupa o décimo posto e onde segundo os datos da ONU viven outros 6,5 millóns de estranxeiros.

En canto ao perfil dos expatriados, o informe de Nacións Unidas indica que o 74 por cento do total están entre os 20 e os 64 anos de idade e que o 48 por cento son mulleres. Os grupos máis grandes na diáspora mundial son de asiáticos --19 millóns só vivindo en Europa, 16 millóns en América do Norte e 3 millóns en Oceanía-- e de latinoamericanos, con 26 millóns só en América do Norte.

"A inmigración, cando se goberna con xustiza, pode supoñer unha contribución moi importante ao desenvolvemento social e económico tanto dos países de orixe coma nos de destino", sinala o subsecretario Xeneral de Asuntos Económicos e Sociais, Wu Hongbo, quen recorda que a migración é "fundamental para ampliar o acceso aos recursos e a redución da pobreza".

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Maio 2024
LMMeXVSD
  12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031  
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas