Onte pola tarde tocoulle a quenda ao escritor Xosé Neira Vilas, que explicou a importancia que tivo a emigración galega en América, así como o traballo que en prol da cultura fixeron os emigrados ao outro lado do Atlántico.
O vindeiro sábado celebrarase unha xornada de portas abertas no instituto Fernando Flanco, que comezará as dez da mañá cunha ofrenda floral no sepulcro do filántropo ceense. Pola tarde, ás 20.30 horas, Celso Fernández Sanmartín ofrecerá unha sesión de contos no salón de actos do Concello.