GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Emigrantes da zona maniféstanse hoxe en Madrid e Cee

(29/10/2013)

Emigrantes da zona maniféstanse hoxe en Madrid e Cee

A plataforma de retornados xubilados protestará fronte ao Congreso dos Deputados

 

Emigrantes retornados da Costa da Morte maniféstanse hoxe martes, día 29, en Madrid e Cee, para protestar contras as resolucións de Facenda nas que lles impoñen sancións por non declarar determinados ingresos nos últimos anos, unha obrigación da que aseguran que non foron informados. Ao redor das 23.00 horas de onte, cincuenta persoas saíron nun autocar desde A Laracha, Carballo, Vimianzo, e tamén recolleron a un grupo en Coirós. Baixo a organización da plataforma Costa da Morte, e xunto a outras de Galicia e España, concéntrase sobre as 9.00 horas na Porta do Sol madrileña, e protestan despois fronte ao Congreso dos Deputados. Por outra banda, a Coordinadora Nacional Galega de Emigrantes Retornados convocou para hoxe, ás 11.00 unha concentración diante da delegación da Axencia Tributaria de Cee para protestar contra a decisión da entidade de esixir aos emigrantes o pagamento atrasado entre o 2008 e o 2012 do imposto sobre a renda das pensións que reciben desde os países nos que estiveron a traballar. «Unhas cantidades que se incrementan con xuros de demora e máis sancións», engaden desde a Coordinadora

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Maio 2024
LMMeXVSD
  12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031  
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas