GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

A unión de centros galegos, a alternativa para sobrevivir asociados no exterior

(05/11/2013)

A unión de centros galegos, a alternativa para sobrevivir asociados no exterior

Redacción, Vigo | 04 Novembro 2013 - Cronicas de la Emigración

Alberto Núñez Feijóo y Antonio Rodríguez Miranda presidieron el acto en el que 15 entidades gallegas en Cataluña firmaron su proceso de unión en tres agrupaciones.

Alberto Núñez Feijóo e Antonio Rodríguez Miranda presidiron o acto no que 15 entidades galegas en Cataluña asinaron o seu proceso de unión en tres agrupacións.

 

As entidades galegas no exterior enfróntanse ao gran reto de promover unións para manter vivo o espírito da 'galeguidade' na diáspora. Centros con escasos recursos económicos e desexosos de desenvolver actividades de tipo sociocultural, lúdico e deportivo consideran esta posibilidade como única alternativa para sobrevivir, salvagardando a súa identidade, pero realizando as actividades de xeito conxunto. Fronte aos que aínda se resisten a optar por esta vía, Cataluña serve de exemplo: o pasado mes de maio, 15 entidades galegas nesa comunidade iniciaron o proceso de unión.

En presenza do presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, e do secretario xeral de Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, 15 entidades galegas en Cataluña asinaron o pasado mes de maio o seu proceso de fusión do que resultaron tres agrupacións: o Centro Galego de Barcelona; a Asociación de Centros e Casas Galegas de Cataluña e a Xuntanza de Asociaciones Gallegas en Cataluña.
"Para ser máis viables é boa a unidade das entidades máis pequenas con outras que teñen máis posibilidades de espazos, máis socios e máis actividade, porque a viabilidade é a primeira garantía da vosa continuidade," afirmou Rodríguez Miranda naquela ocasión. As súas palabras estiveron avaladas polo presidente da Xunta para quen a unión e a cooperación ha de ser a fórmula para que estas entidades galegas "transcendan no tempo", xa que os lazos que trazaron as casas galegas en Cataluña dende ese momento, "demostra que tamén poden ser duradeiros".
Pero o exemplo de Cataluña non fundiu, polo menos polo momento. En países como en Arxentina hai distintas asociacións que mostraron o seu interese en seguir por esa vía e comezar a realizar actividades conxuntas.
A unión de centros galegos no exterior é unha recomendación que vén de antigo, ao comprobar a administración autonómica que moitas desas entidades, carentes de recursos dabondo, contarían con maiores posibilidades se se aviñesen a compartir inmoble e realizar actividades conxuntamente.
Como contrapartida, esa unión de centros non supoñerá renunciar en ningún caso á identidade de cada unha deles nin tampouco deixarían de representar os cidadáns dunha determinada localidade.

Unha saída para a supervivencia
A unión e a coordinación parece pois a única saída para a supervivencia destas entidades e así se pon de manifesto en cada intervención do máximo dirixente autonómico cando se pronuncia en foros da emigración. "A unión e a coordinación" será o camiño que deberán seguir os centros galegos para sobrevivir, destacou Núñez Feijóo durante o X Pleno do Consello de Comunidades Galegas, celebrado o pasado mes de xullo no Pazo de Congresos de Santiago de Compostela. Durante a súa intervención, Feijóo animou os asistentes a que "contemplen novas fórmulas de asociacionismo e afronten o reto da unidade".
"A unión de entidades debe ser un fenónemo natural, acordado voluntariamente e con proxección de futuro", dixo nese mesmo acto o ex secretario xeral de Emigración e hoxe conselleiro de Emprego e Seguridade Social en Arxentina, Santiago Camba.
O actual representante de Emigración da Xunta, Antonio Rodríguez Miranda, tamén se mostrou en máis dunha ocasión partidario de que os centros se agrupen.
Durante a última reunión do Consello de Comunidades Galegas, celebrada o pasado mes de xullo en Santiago, Miranda recordou que a unión é un "proceso voluntario das entidades" e que algunhas delas se deberían sumar ao acordo alcanzado en Cataluña entre 15 entidades da colectividade para inserirse nun total de tres agrupacións.
"Imos polo bo camiño", dixo Miranda, quen informou de que algúns centros están en "proceso de unión", mentres a outros será necesario animalos para que atendan á recomendación. Arxentina, Uruguai, Estados Unidos ou Suíza foron algúns dos países aos que Miranda fixo mención á hora de propoñer novas unións.

 

 

 

 

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Maio 2024
LMMeXVSD
  12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031  
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas