GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

PLAN PARA O RETORNO VOLUNTARIO DE INMIGRANTES DESEMPREGADOS

(24/03/2009)

   Case 4.000 inmigrantes parados fóronse aos seus países

   Plan para o retorno voluntario posto en marcha polo Goberno

   EL PAÍS 
   SERAFÍ DO ARCO - Barcelona - 23/03/2009


 Case 4.000 inmigrantes acolléronse ao plan para o retorno voluntario de inmigrantes desempregados, até a primeira quincena de marzo, segundo datos o Ministerio de Traballo. A través deste plan, o Goberno pretender aliviar a crecente cifra de parados.


 O programa, que o Goberno puxo en marcha en novembro, está dirixido aos inmigrantes procedentes dos 19 países que teñen convenios en materia de Seguridade Social con España, e prevé que os traballadores destas nacionalidades que estean en paro poidan recibir toda a prestación de desemprego á que teñen dereito en dous prazos. O primeiro, do 40% do total, en España. O outro 60% recíbeno ao mes seguinte, xa no seu país de orixe. A cambio, non poderán volver polo menos en tres anos.


 Acolléronse 3.926 persoas, a maioría de Ecuador (1.688 traballadores), Colombia (713) e Arxentina (393). Destes, 838 residían na provincia de Madrid, 446 en Murcia, 399 en Barcelona, 262 en Valencia e 260 en Alacante, segundo os datos do ministerio.


 As principais asociacións de inmigrantes manifestaron no seu día o seu desinterese polo plan. O Goberno, que nun primeiro momento estimou en máis dun millón o número de estranxeiros que se acollerían ao programa, reduciu a entusiasta cifra a 87.000 persoas.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Maio 2024
LMMeXVSD
  12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031  
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas