GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Eliminarase o visado Schengen para peruanos e colombianos

(17/12/2013)

Eliminarase o visado Schengen para peruanos e colombianos

www.parainmigrantes.info 16 de decembro de 2013


O Consello da Unión Europea aprobou eliminar a visa Schengen a Perú e Colombia

O Consello da Unión Europea aprobou o pasado día 13 de decembro a proposta de España de incluír a Perú na lista de países que poden ser exonerados de visa para estanzas de curta duración, ou visa Schengen.

Ao igual que no caso de Colombia, esta exoneración podería ser efectiva no segundo semestre do ano 2014, aínda que será o Parlamenteo Europeo quen finalmente determine cando e como.


solicitud de visado


A cada vez máis real exoneración deste requisito para entrar no espazo Schengen débese á firma do Tratado de Libre Comercio entre Colombia e Perú coa Unión Europea. Neste sentido, Chile e México, asinantes tamén do devandito Tratado, están exentos de visado Schengen, polo que resulta xusto que se equipare a situación.

A supresión da visa Schengen supón unha maior liberdade para viaxar sen visado aos seguintes países, membros do espazo Schengen: España, Alemaña, Austria, Bélxica, Dinamarca, Eslovaquia, Eslovenia, Estonia, Finlandia, Francia, Grecia, Hungría, Islandia, Italia, Letonia, Lituania, Luxemburgo, Malta, Noruega, Holanda, Polonia, Portugal, República Checa, Suecia e Suíza.

Non obstante, é moi importante ter en conta que o feito de non necesitar visado para entrar a calquera destes países non supón unha libre circulación, senón que deberán cumprirse determinados requisitos de entrada.

Os que queiran viaxar a España deberán acreditar que dispoñen dun billete de avión de ida e volta que garanta o retorno ao país de orixe dentro do prazo de 90 días, que se dispón de recursos económicos abondo para sufragar os gastos de estadía durante a estanza en España, que non ten ditada unha prohibición de entrada, que se dispón de aloxamento en España durante a estanza, etc.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Maio 2024
LMMeXVSD
  12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031  
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas