GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

O Carballiño. Os retornados denuncian presións para tributar as súas xubilacións do estranxeiro

(17/12/2013)

Os retornados denuncian presións para tributar as súas xubilacións do estranxeiro

«Ninguén se nega a pagar, pero non somos defraudadores», replican á Axencia Tributaria nunha manifestación en Ourense

Escrito por:

17 de decembro de 2013  

Asociacións e plataformas de emigrantes retornados de toda Galicia (Ourense, Xinzo, A Estrada, O Deza, Morrazo, Costa da Morte, Ordes e Ponteareas, entre outros) manifestáronse onte no Carballiño contra a Axencia Tributaria polos requirimentos e multas recibidos nos últimos meses por non ter declarado desde o 2008 as pensións percibidas polo seu traballo no estranxeiro. Os afectados elixiron a vila do Arenteiro, de modo testemuñal, por ser o primeiro lugar no que os emigrantes recibiron as notificacións de sanción.

Á súa chegada á sede da Axencia Tributaria, despois de percorrer a localidade, os afectados rodearon o edificio a modo de protesta gritando consignas contra o ministro de Facenda, Cristóbal Montoro. Todas a plataformas representadas coincidiron en argumentar que en ningún momento informóuselles da obrigatoriedade de tributar polas pensións recibidas no estranxeiro a partir do 2008 e subliñaron que en ningún caso están en contra de facelo, senón que reivindican que a Axencia Tributaria non pode tratalos como defraudadores, como entenden que fixo ata agora.

José María Rocha, da plataforma galega de emigrantes retornados, explicou onte que xa foron moitos os afectados que pagaron a multa debido ás presións que sufriron. «Estannos metendo a todos no mesmo saco. Ninguén dos que están aquí se nega a pagar, se o ten que facer. O que nos doe a nós é ese recargo por non facelo», subliña. «En Galicia somos 25.000 afectados, nos tres meses deste ano viñeron un 3 % das notificacións, un porcentaxe moi baixo. Estamos seguros que, de aquí para diante, a partir de xaneiro, a xente recibirá as cartas para facer a declaración da renda», explica. E engade: «Temos constancia de que incluso chamaron por teléfono á xente para que fixera a declaración dicíndolles que así non recibirían a multa. Totalmente presionados».

Os emigrantes, todos eles de avanzada idade, coincidían en apuntar que na actualidade sosteñen ás súas familias e reclamaban máis apoio das institucións, polas que aseguran non sentirse protexidos.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Maio 2024
LMMeXVSD
  12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031  
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas