GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

A Plataforma de Emigrantes Retornados da Coruña recollen firmas contra as sancións por non declarar a súa segunda pensión

(24/01/2014)

A Plataforma de Emigrantes Retornados da Coruña recollen firmas contra as sancións por non declarar a súa segunda pensión

O Goberno obrígalle a ter que facer a declaración do 2008 ao 2013 e pagar nun prazo de 10 días

 

Emiliano Mouzo
Emiliano Mouzo

Representante da Plataforma de Emigrantes Retornados da Coruña recollen firmas, esta mañá, na rúa da Gaiteira contra as sancións por non declarar a Facenda a súa segunda pensión, a que perciben do país ao que emigraran. De feito xa están a recibir da Axencia Tributaria española a comunicación de sancións e de intereses de demora con carácter retroactivo. Así, obríganlle a ter que facer a declaración desde o 2008 ao 2013 e pagar a totalidade da cantidade resultante nun prazo de 10 días.

Desde a plataforma reclaman ao Goberno de España que lle facilite a regularización da situación do período 2008-2012, sen recarga nin intereses de demora; a anulación de todos os expedientes sancionadores xa instruídos e a devolución do xa pago; queren que Facenda inicie unha campaña de información a todas as persoas afectadas das súas obrigacións tributarias futuras, E que se revisen os convenios marco con outros países para evitar que situacións deste tipo poidan volver producirse.

Desde a Plataforma de Emigrantes Retornados da Coruña recordan «Que a emigración axudou a levantar a quebra en que se atopaba España, achegando divisas e movendo a economía de aquí». Incluso aseguran que agora, «grazas aos que fomos emigrantes o drama da crise actual é menor nalgúns casos. Son moitos pais e avós emigrantes os que manteñen a fillos e netos que non atopan traballo. E o Goberno de España trátanos como a delincuentes».

Na campaña de recollida de firmas na Gaiteira colabora a asociación veciñal Oza Gaiteira-Os Castros.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Maio 2024
LMMeXVSD
  12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031  
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas