GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Os estranxeiros compran case o triplo de casas que no 2009, aínda que apenas supoñen o 11 %

(18/02/2014)

Os estranxeiros compran case o triplo de casas que no 2009, aínda que apenas supoñen o 11 %

Os británicos, franceses e rusos son os máis interesados en lograr «segundas residencias con fins turísticos»

Así o explicou onte a exministra de Vivenda e agora directiva do Colexio de Rexistradores, Beatriz Corredor, que apunta ás vivendas de gama alta como as máis cobizadas. Iso si, os estranxeiros tamén tiraron proveito dunha baixada continuada no prezo das casas que xa estaría a un paso de tocar chan... ¿Ou non? Segundo os rexistradores, o prezo do metro cadrado apenas baixou un 1,2 % no 2013 fronte á caída do 13 % o ano anterior.

Con todo, os notarios (que teñen datos anticipados das operacións) elevaron o descenso ata o 8,6 % o pasado exercicio. Tamén discreparon nas compravendas rexistradas, que baixaron un 20 % para os segundos e apenas un 0,5 % para os primeiros. E sobre as hipotecas para poder comprar unha vivenda, as entidades financeiras concederon un 28 % menos de préstamos.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Maio 2024
LMMeXVSD
  12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031  
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas