GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Inmigración. A ONU chama a evitar traxedias como as de Ceuta ou Lampedusa

(07/03/2014)

Inmigración. A ONU chama a evitar traxedias como as de Ceuta ou Lampedusa

Axencias
@DiarioSigloXXI
xoves, 6 de marzo de 2014

MADRID, 06 (SERVIMEDIA)



A alta comisionada da ONU para os Dereitos Humanos, Navi Pillay, fixo este xoves un chamamento a que países do sur de Europa, como España e Italia, tomen medidas para evitar traxedias de inmigrantes que tratan de alcanzar esta rexión por vía marítima, como as acontecidas recentemente na illa de Lampedusa ou en Ceuta.



"Estou profundamente aflixida polas moitas traxedias en barco fronte ás costas de Grecia, Italia, Malta e España, e fago un chamamento ás autoridades para fortalecer os sistemas de protección contra este tipo de eventos", sinalou Pillay nun discurso de apertura na 25ª Sesión do Consello de Dereitos Humanos de Nacións Unidas, en Xenebra (Suíza).

Pillay destacou que, segundo a Axencia da ONU para os Refuxiados (Acnur), o 73% dos inmigrantes que chegan a Italia cumpren os criterios legais para obter a condición de refuxiados, co que considerou "importante" que estas persoas "teñan acceso aos procedementos axeitados de asilo".

Ademais, Pillay resaltou que "as persoas que buscan protección internacional no mar ou nas fronteiras marítimas deben ser tratadas do mesmo xeito que as que solicitan protección en terra". "É evidente que aínda queda moito por facer para protexer os dereitos humanos dos emigrantes nesta rexión", concluíu.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Maio 2024
LMMeXVSD
  12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031  
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas