GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Arteixo organiza unhas xornadas para mellorar a atención sanitaria aos inmigrantes

(15/04/2009)

Arteixo organiza unhas xornadas para mellorar a atención sanitaria aos inmigrantes

A diferenza cultural de colectivos como o musulmán é un dos obstáculos

Autor:
La Voz
Data
15/4/2009

Mellorar a atención sanitaria aos colectivos de inmigrantes. Ese é o obxectivo das sétimas xornadas de Sensibilización sobre a Interculturalidade que organiza a oenegué Ecos do Sur coa colaboración do Concello de Arteixo. O encontro, que terá lugar no centro Froxel do municipio mañá e pasado, pretende servir de guión para a atención a unha poboación crecente en Galicia para pór freo aos obstáculos na atención que provocan, por exemplo, as diferenzas culturais con eses grupos de poboación. Entre os relatores están expertos tanto de Galicia como doutras comunidades con maior experiencia no tratamento destes colectivos. As xornadas foron presentadas onte pola alcaldesa de Arteixo, Pilar Souto, a concelleira de Asuntos Sociais, Lourdes Loureiro, unha técnica dese departamento, e o responsable de ecos do Sur, Patxi Furtado.

No caso do concello de Arteixo, por exemplo, un dos principais problemas cos que se atopan os sanitarios son a barreira idiomática ou cultural no caso dos musulmáns ou que moitas persoas non acoden ás citas que teñen estipuladas ou non toman a medicación correspondente.

Pero as xornadas, segundo explicou o responsable de Ecos do Sur, abarcarán asuntos variados. Entre outras cousas, haberá un taller para ver a creación de ferramentas e boas prácticas para a mellora do servizo; un relatorio que falará sobre as lóxicas de exclusión e integración social na atención sanitaria ao colectivo inmigrante ou a realidade galega da inmigración e a saúde nos centros sanitarios públicos. Para falar dese último tema estarán facultativos do Hospital Materno Teresa Herrera , da Coruña.

Mañá tamén se celebrará unha comida intercultural na que poderán probarse pratos típicos de varias partes do planeta. Xa pola tarde tamén se exporá o proxecto de atención que está levando a cabo o Concello de La Solana, en Castela-A Mancha. O municipio foi elixido porque é parecido aos concellos galegos.

O último día tratarán temas como a mediación sociosanitaria e a formación do persoal en asuntos interculturais

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Maio 2024
LMMeXVSD
  12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031  
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas