GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Os españois residentes no estranxeiro poden solicitar ata o 26 de abril o voto para as europeas

(04/04/2014)

Os españois residentes no estranxeiro poden solicitar ata o 26 de abril o voto para as europeas

E. Fernández, Vigo | 02 Abril 2014 - Crónicas da Emigración




Os españois residentes no exterior que teñan intención de participar nas eleccións ao Parlamento Europeo, que se celebrarán o próximo 25 de maio, poden solicitar o seu voto ata o 26 de abril. Os datos do CERA (Censo Electoral de Residentes Ausentes) botan a cifra dun total de 1.724.390 españois residentes no exterior con dereito a voto nestas eleccións.

Para solicitar o voto, deberán dirixirse á correspondente Delegación Provincial da Oficina do Censo Electoral mediante impreso oficial, ao que deberán achegar fotocopia do pasaporte ou do DNI, expedidos polas autoridades españolas ou, no seu defecto, certificado de nacionalidade ou de inscrición no Rexistro de Matrícula Consular, expedidas polo Consulado de España no país de residencia.

A Delegación Provincial será a encargada de enviar ao interesado a documentación necesaria para que poida votar por correo do 29 de abril ao 5 de maio. O prazo ampliarase ata o 13 de maio no caso de haber impugnación de candidatos.

Os electores no exterior poden votar ben depositando o seu voto en urna habilitada no Consulado ou Embaixada na que se encontre inscrito, do 21 ao 23 de maio, ben remitindo o seu voto por correo certificado ao citado consulado ou embaixada, do 29 de abril ao 20 de maio.

Do 7 ao 14 de abril, os consulados manterán aberto un servizo de consulta do censo vixente coa finalidade de que os españois residentes no estranxeiro poidan consultar as listas. Nese mesmo período de oito días, poderán presentar reclamación sobre os seus datos nos consulados. As reclamacións resolveranse no prazo de tres días e notificaranse aos interesados.

Os datos do CERA (Censo Electoral de Residentes Ausentes) botan a cifra dun total de 1.724.390 españois residentes no exterior con dereito a voto nestas eleccións. Deles, o maior número rexístrase en Arxentina, con 368.607 inscritos no CERA. En América, séguenlle, por número de inscritos, Venezuela (156.976), Cuba (105.166), Brasil (101.995), México (92.181), EUA (77.144), Uruguai (55.849) e Chile, con 46.669 rexistrados no censo.

Polo que respecta a Europa, Francia é o país con máis españois incluídos no CERA, cun total de 185.933, seguido de Alemaña (con 97.751); Suíza (81.998), Reino Unido (64.365), Bélxica (41.018) e Andorra, cun total de 21.447 persoas contabilizadas. Por debaixo desta cifra figuran, entre outros, Países Baixos, con 17.201, e Italia, con 14.867 potenciais electores.

Os datos do CERA en África recoñecen ata 4.332 españois residentes en Marrocos, fronte aos 1.338 de Sudáfrica e os 1.195 de Guinea Ecuatorial. En similares parámetros sitúanse tamén os países de Asia que, en maior medida, acolleron os españois emigrados. China, con 3.334 españois nas listas do CERA, figura en primeiro lugar. Séguelle Filipinas, con 2.760; Emiratos Árabes, con 1.998; Israel, 1.710; Xapón, 1.355, e Turquía, con 1.062.

 Por último, en Oceanía, cabe destacar os 16.097 españois de Australia con posibilidades de exercer o seu dereito a voto o próximo 25 de maio. A ampla distancia figura Nova Zelandia, onde residen 482.

Por provincias, Madrid, con 223.883, rexistra o maior número de españois que viven no estranxeiro e inscritos no CERA. En segundo lugar sitúase A Coruña, con 145.745, seguido de Barcelona, con 135.337. Pontevedra, con 121.772, figura en cuarto lugar entre as provincias con máis residentes no exterior. Ségueo Asturias, con 101.984; Ourense (93.921); Tenerife (90.561); Lugo (60.281) e Valencia, que contabiliza un total de 46.722 persoas no CERA.



Residentes no estranxeiro de forma temporal

Os electores residentes en España que se encontren temporalmente no estranxeiro, poden solicitar o voto por correo sempre que figuren inscritos no rexistro de Matrícula Consular como non residentes e solicitar a documentación para exercer o seu dereito de sufraxio dende o estranxeiro na correspondente Delegación Provincial da Oficina do Censo Electoral. A devandita solicitude deberá entregarse persoalmente na Oficina Consular ou Sección Consular da Embaixada. A Delegación Provincial enviaralle o Certificado de inscrición no censo coa papeleta da votación, un sobre e unha folla explicativa. O sobre coa papeleta e o certificado deberá ser remitido por correo certificado á Mesa antes do terceiro día previo ao da celebración das eleccións.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Maio 2024
LMMeXVSD
  12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031  
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas