GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

O Goberno introducirá probas de idioma e de cultura xeral para a obtención da nacionalidade española

(25/04/2014)

O Goberno introducirá probas de idioma e de cultura xeral para a obtención da nacionalidade española

 

 

Redacción, Madrid | 23 Abril 2014 - Crónicas da Emigración

O ministro de Xustiza, Alberto Ruiz Gallardón, anunciou este martes que o Goberno introducirá probas de idioma e de cultura xeral para a obtención da nacionalidade española co fin de evitar a "discrecionalidade" coa que actualmente os xuíces resolven este procedemento.

Gallardón, segundo informa Europa Press, fixo este anuncio en resposta a unha interpretación do senador da Entesa Rafael Bruguera sobre a necesidade de adoptar medidas e introducir melloras legais e administrativas para garantir a axeitada aplicación dos dereitos de asilo e de nacionalidade en España. Na súa intervención, o ministro destacou que o Executivo introducirá "criterios obxectivos" nas probas de integración para obter a nacionalidade española, para evitar así a "discrecionalidade" coa que actualmente se avalía.

Na actualidade, o coñecemento do castelán é o único requisito co que algúns xuíces determinan se unha persoa está integrada na sociedade española, mentres que outros tamén fan preguntas de cultura xeral, é dicir, non existe unha proba como tal, senón que cada xuíz decide segundo o seu criterio. Entre as liñas mestras da reforma, Gallardón explicou que para o exame de coñecemento do idioma se recorreu ao Instituto Cervantes. O nivel esixido será equivalente ao de DELE A2. Estarán exentos desta proba de idioma as persoas orixinarias de países nos que o español sexa a lingua oficial e os menores que estean escolarizados en España. Ademais, o exame adaptarase para analfabetos e persoas con minusvalidez.

Respecto ao contido da proba de coñecemento e de integración, o responsable de Xustiza anunciou que se axustará a un manual que o Ministerio fará publico e accesible a todos os solicitantes. "Se trata dunha boa fórmula, que nos dá seguridade e a referencia é o permiso de conducir," dixo Gallardón, en cuxa opinión a introdución destes criterios obxectivos "vai axilizar a resolución dos expedientes de nacionalidade". Os exames de idioma e de cultura serán electrónicos a través dun portal web habilitado especificamente para iso.

En liña co titular de Xustiza, o senador da Entesa advertiu da "problemática derivada da solicitude da nacionalidade española", uns 130.000 de media cada ano, agregou. "A concesión da nacionalidade é arbitraria e o conveniente sería unificar o criterio", manifestou ao advertir de que "o número de denegacións aumentou de xeito alarmante" ao pasar de "un 3,5 por cento de media ao ano a máis do 12 por cento".

 

 

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Maio 2024
LMMeXVSD
  12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031  
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas