GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Pontevedra. «Esquécense de que España se levantou polos emigrantes»

(06/05/2014)

«Esquécense de que España se levantou polos emigrantes»

Unha vintena de afectados mobilizáronse onte en Pontevedra

É o caso de Isidro Taboada, un veciño de Tomeza, que durante corenta anos traballou en Francia na construción e nunha fábrica de diamantes, «pagando todos os anos relixiosamente os impostos en Francia e tiveron a pouca vergoña de virme a reclamar o 2008 e o 2009 cando eu fixen a declaración nese país». No primeiro destes exercicios e, tras presentar os xustificantes do abono da Renda no Estado veciño, desde Facenda comunicáronlle: «Vostede pague e depois, reclame. E tiven que pagar e logo reclamar». E devolvéronlle o abonado «cuns intereses de 58 céntimos».

«Olvidan que algúns dos mandatarios son fillos de emigrantes. Como olvidan a escravitude que pasaron os pais para darlles unha carreira, porque do contrario serían un máis no paro», lamenta. Do mesmo xeito que outros afectados, critica que, no seu día, solicitaron información na Administración e «dixéronnos que estabamos exentos de impostos».

Esta mesma expresión emprega Dolores Sueiro, de Parada, lugar da parroquia cotobadesa de Tenorio. Ao seu marido, que pasou sete anos traballando en Alemaña e outros goles en Francia, reclámanlle uns 1.500 euros por cada un dos exercicios do 2009, 2010 e 2011: «O diñeiro que lle vén de Alemania non lle chega para pagar a Facenda».

Critica o que considera é un trato desigual con respecto a outros pensionistas. Tras recordar que en España ninguén está obrigado a realizar a declaración se percibe menos de 22.000 euros anuais, reprocha o feito de que «os que temos unha paga pequena do extranxeiro e máis o de aquí, a partir de 11.200 euros xa temos que pagar».

Como ambos, o pontevedrés Manuel Sueiro Gómez, de quen dependen dous dos seus catro fillos que están no paro, reitera ata a saciedade que está disposto a declarar estes importes, pero critica que as reclamacións da Axencia Tributaria tivesen chegado sen aviso previo. «Esquécense de que España se levantou a base dos emigrantes e cun Goberno que non nos axudou».

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Maio 2024
LMMeXVSD
  12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031  
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas