GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Manuel Rivas poñerá a súa voz en homenaxe aos "Cantares Gallegos" e brindará unha charla aberta na Federación de Asociaciones Gallegas de la República Argentina

(19/05/2014)

Manuel Rivas poñerá a súa voz en homenaxe aos "Cantares Gallegos" e brindará unha charla aberta na Federación de Asociaciones Gallegas de la República Argentina

 
 
 Na imaxe, Manuel Rivas e Francisco Lores
Na imaxe, Manuel Rivas e Francisco Lores
Bos Aires, 13 de maio de 2014.
Listen to this page using ReadSpeaker
 

 

O prestixioso escritor, poeta e xornalista Manuel Rivas visitará o próximo luns 19 de maio a Federación de Asociaciones Gallegas de la República Argentina, para participar da iniciativa que organiza a entidade en conmemoración do 150º aniversario da primeira edición de Cantares Gallegos, de Rosalía de Castro: 150 voces por los Cantares Gallegos de Rosalía.

Rivas foi convocado para ser o primeiro en deixar gravada a súa voz para esta homenaxe, que reunirá a outras 149 voces de distintas personalidades galegas, que serán parte do proxecto impulsado pola Federación.

O autor de consagradas obras literarias como O lapis do carpinteiro e A lingua das bolboretas, ofrecerá tamén unha charla aberta, a partir das 18,00 h. no Salón Arturo Cuadrado da entidade.

Rivas, quen expresou en varias oportunidades que a Federación de Sociedades Gallegas é "o meu lugar" no mundo, fóra de Galicia", será recibido polo titular da entidade, Francisco Lores Mascato, con quen percorrerá as instalacións do Museo da Emigración Galega na Arxentina (MEGA), onde se preserva o valioso patrimonio cultural do colectivo galego. A última visita produciuse o xoves 2 de setembro de 2010.

Nesta oportunidade, o escritor chega ao país para intervir no IV Festival Azabache de Literatura Policial e Negra de Mar del Plata, participar do Programa Lectura Mundi, que organiza a Universidade Nacional de San Martín (UNSaM), e desenvolver actividades noutras entidades galegas.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Maio 2024
LMMeXVSD
  12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031  
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas