GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Entre 2009 e 2013 emigraron case 220.000 mozos españois

(23/05/2014)

Entre 2009 e 2013 emigraron case 220.000 mozos españois

 

22 de maio de 2014. A Razón





O Instituto da Xuventude de España (Injuve) cifra en máis de 218.000 os mozos españois que emigraron entre 2009 e 2013, a maior parte dos cales se trasladou ao Reino Unido (105.000) e Alemaña (25.000), países que captaron o 85 por cento do exilio xuvenil neste período, unha saída motivada na maioría dos casos pola busca de emprego. Así o recolle nun estudo sobre a emigración da xuventude española en tempos de crise, que, a partir dun millar de enquisas en redes sociais, revela que dende 2007, tres de cada cinco españois que abandonan o país teñen entre 15 e 29 anos, polo que a idade media dos emigrantes se sitúa nos 26.

A análise mostra que dous terzos dos mozos que abandonaron España o fixeron cos estudos xa rematados, é dicir, en busca dun emprego, e sen ter claro o tempo que pasarían no estranxeiro: a emigración supedítase á mellora da situación económica española, "da que teñen unha visión negativa".

Neste sentido, o informe conclúe que o proxecto migratorio destes mozos "é o resultado dunha formulación baseada nos factores de expulsión en España (push) e de atracción (pull) no escenario internacional" e, en moitos casos, coincide co proceso de emancipación.

Segundo explica o INJUVE, os mozos emigrados defenden que saír do país foi "unha boa estratexia" e, aínda que en xeral perciben ter cumprido as súas expectativas, "unha boa parte dos entrevistados pensaba que ía gañar máis diñeiro". Con todo, "algúns teñen boas perspectivas para encontrar outro traballo aínda mellor nun prazo de doce meses" e, en xeral, perciben maior facilidade para encontrar ou cambiar de emprego que os que non emigran.

Tamén sobre o perfil do mozo que marcha, o estudo apunta que a maior parte viaxaron cun acompañante e moi poucos teñen fillos, aínda que son maioría os que teñen parella. En seis de cada dez casos coñecían o país de acollida previamente por actividades turísticas, mentres que o un 20% realizara bolsas de estudos e o resto pasara unha tempada vivindo nel.

Unha vez alí, os emigrantes sérvense máis das conversacións instantáneas no ordenador que do teléfono para comunicarse cos seus familiares e amigos en España, especialmente cando se trata de falar coa parella (94,4%). De feito, segundo a enquisa, os españois teñen máis contacto coas persoas que deixaron atrás que cos estranxeiros dos que se rodean: "a maioría dos mozos españois emigrados non teñen redes sociais directas con persoas do país de acollida".

En canto aos mozos que están en España, dos que o 75% ten intención "acentuada" de emigrar nalgún momento, o 67,57% sinala como principal motivación as expectativas laborais, aínda que o 94,4% dos que teñen a súa parella no estranxeiro indagaron sobre as súas opcións de marchar do país.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Maio 2024
LMMeXVSD
  12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031  
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas