GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

O PP gaña as eleccións entre a emigración galega co 38,8% dos votos

(30/05/2014)

O PP gaña as eleccións entre a emigración galega co 38,8% dos votos




Redacción, Santiago | 29 Maio 2014 - Cronicas da Emigración



O 38,8% dos galegos que votaron dende o exterior apoiaron ao PP, co que mellora en tres puntos o resultado obtido na Galicia territorial. Os socialistas quedaron de segundos, seguidos do BNG que aquí se mantén con terceiro forza.

Unha vez máis confírmase que a reforma da Lei Electoral que instaura o voto pregado fixo descender a participación de xeito drástico. Dos 421.719 emigrantes rexistrados no Censo de Españois Residentes no Exterior, preto de 16.000 solicitaron as papeletas para poder votar. Os atrasos no envío da documentación e os problemas cos servizos postais de diferentes países fixeron que finalmente só exercesen ese dereito 5.874 galegos do exterior, o que supón o 1,39% do censo electoral de galegos residentes no exterior.

Do total de votos recibidos dende o exterior, 2.279 foron para o PP; 1.975, para o PSOE; 244, para o BNG; 189 para o Partido Animalista; 180, para AGE; e 109, para Podemos que non logrou dar a sorpresa entre a emigración.



Voto por provincias

Dos 1.910 sufraxios emitidos na Coruña, o PP obtivo 684 sufraxios; o PSOE, 636; o BNG, 91; AGE, 72; e Podemos, 56. En Ourense, onde se emitiron 1.080 sufraxios, o PP recibiu 446 votos; o PSOE, 347; o BNG, 46; o Partido Animalista, 38; e AGE, 25.

En Pontevedra, que sumou 1.995 votos, o PP situouse á cabeza con 852 votos, seguido de PSOE, con 629; BNG, con 77; AGE, con 60; e Podemos, con 41 sufraxios.

En Lugo, provincia que contabilizou 889 sufraxios dos emigrantes, o PSOE gañou entre a emigración, con 363 votos; seguido polo PP, que conseguiu 297 votos. Nesta provincia, o Partido Animalista colocouse como terceira forza, con 32; e, a continuación, o BNG, con 30, e AGE, con 23.

 

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Maio 2024
LMMeXVSD
  12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031  
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas