GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Manuel Mandianes «O emigrante é estraño no seu país e no de destino»

(18/06/2014)

«O emigrante é estraño no seu país e no de destino»

O antropólogo Manuel Mandianes reflicte no seu libro «Viaxe sen retorno» o desarraigamento que sofre a persoa que emigra

 

Este desencanto explícao moi ben Mandianes ao referirse ás expectativas coas que parte un emigrante cara a outro país: «A xente vai a outro país normalmente buscando o paraíso. Pouco a pouco descobre que non o atopa nin o pode facer, polo que comeza a pensar que o paraíso está no seu pobo. E nin atopa o paraíso cando volve nin case o pobo, porque tamén se sinte estraño», apunta. O libro, un entramado antropolóxico filosófico publicado por Sotelo Blanco no que se inclúen diálogos con emigrantes de distintas nacionalidades, presentouse en Santiago nun acto ao que acudiron o conselleiro de Educación, Jesús Vázquez; o secretario xeral de Emigración, Antonio Rodríguez Miranda; ou o presentador da Televisión de Galicia, Xosé Ramón Gayoso, entre outros.

O desarraigamento que sofre o emigrante constátase nos motes que recibe cando volve. O alemán, o catalán, o brasileiro: «Nunca din o Andrés que marchou hai vinte anos». Moitos dos emigrantes, sexan galegos ou doutras nacionalidades, non se fan de ouro cando chegan a outros países, e a pesar de que economicamente poden lograr unha estabilidade e prosperar, atópanse con moitos problemas familiares, sobre todo aqueles que deixaron aos seus fillos ao coidado dos avós, «porque os pais veñen pouco e cando veñen danlle cartos, pero ao chegar o momento é o roce o que fai o cariño», explica Mandianes. Como dixo un dos moitos emigrantes cos que se entrevistou, «a emigración encheu as sucursais dos bancos galegos de cartos, pero encheu as vidas de moitos de merda».

Outra das características na que coinciden case todos os que deixan o seu país para buscar unha vida mellor é nas ganas que teñen de volver, «e aínda que non atoparon o paraíso, si é certo que transformaron os países de orixe cos cartos que mandaban», apunta este antropólogo. O conselleiro de Educación destacou na presentación da obra que xa era necesario unha análise emocional dos emigrantes como o que fai o libro «que nos conectase cos sentimentos profundos dos seres humanos que abandonaron o coñecido».

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Maio 2024
LMMeXVSD
  12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031  
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas