GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Inmigrantes en paro en España: Cobro da prestación de desemprego

(30/04/2009)

Inmigrantes en paro en España: Cobro da prestación de desemprego
O colectivo máis afectado pola crise económica en España é o sector da construción.

Un dos sectores mais afectados pola actual crise económica en España é o da construción, cun alto porcentaxe de traballadores estranxeiros. Os axustes realizados polas empresas freou a demanda de man de obra, provocando que un gran número de estranxeiros se atopen en paro (sendo 4 de cada 10 novos parados).

Diante da situación moitos dos inmigrantes optan por acollerse ao Plan de retorno voluntario de inmigrantes proposto polo goberno Español, ou tramitar a prestación por desemprego no Servizo Público de Emprego (INEM).

A prestación de desemprego percíbese logo da perdida involuntaria dun emprego e o importe a percibir será en función á cotización realizada durante o período laboral. Mentres reciba a prestación por desemprego seguirá cotizando na seguridade social por xubilación e terá dereito a asistencia sanitaria gratuíta.
O Servizo Publico de Emprego tamén ofrece cursos de formación para facilitar a reinserción laboral.

Requisitos para a prestación de desemprego

Quen poden solicitar a prestación de desemprego?


Ten que estar dado de alta na Seguridade Social nun réxime con continxencia de desemprego.
Estar en situación legal en España
Si traballou un ano ou máis: ten que ter cotizado un mínimo de 6 meses nos seis anos anteriores ao momento que se quedou sen emprego.
Si  traballou menos dun ano: Pode acceder a un subsidio por desemprego, sempre que cotice como mínimo tres meses (se ten responsabilidades familiares); ou seis meses de non ser así.
Non ter ao idade que se esixe para a pensión de xubilación, a menos que non teña dereito a percibila por falta de cotización.
Cal é a documentación que hai que presentar? Onde preséntar a solicitude e cal é o prazo de presentación?

Conxuntamente debe inscribirse como demandante de emprego e presentar a solicitude no Servizo Publico de Emprego antes de cumprir os 15 días hábiles desde o momento que perdeu o emprego.

Documentación e solicitude:

Solicitude (se dan no servizo Público de Emprego)
Documentos do solicitante e os fillos ao seu cargo (DNI e Libro de familia)
Certificado da empresa onde traballou durante os últimos 6 meses
Para os que  traballaron menos dun ano, deberán agregar a declaración da renda do solicitante e os familiares que convivan con el ou estean ao seu cargo, datos de domiciliación bancaria e autorización de petición de información á AEAT (axencia tributaria)

Durante canto tempo recibirá a prestación por desemprego?

Para aqueles que cotizaron de seis meses a menos dun ano, recibirán a prestación dentro dun período mínimo de tres meses. A partir de aí por cada tres meses cotizados, percíbense dous máis de prestación ata chegar ao tope máximo de dous anos.

Como se calcula a prestación de desemprego?

Para as prestacións contributivas, o importe corresponderá ao 70 % da base de cotización do traballador durante os 6 primeiros meses e logo o 60 %.

A partir do 2009 estableceuse como mínimo de prestación 492,08 euros e un máximo de 1076,44 euros para aqueles parados sen descendencia. Os parados con solo un fillo ao seu cargo percibirá como mínimo 658,16 euros e 1230.22 euros de máximo.
Ningunha prestación de desemprego poderá ser superior a 1.384 euros.

Ao importe da prestación descontásese o importe de cotización á Seguridade Social e a retención á cota de IRPE cando corresponda.

Canto tarda en ser efectiva a prestación?

Dependerá da oficina do Servizo Publico de Emprego, pero como moito ao redor de 5 días.

O aumento da taxa de desemprego en España, especialmente de traballadores estranxeiros provocou un descenso na chegada de inmigrantes en busca de oportunidades

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Maio 2024
LMMeXVSD
  12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031  
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas