GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Lembrando o traballo das escolas da emigración

(30/04/2009)

Lembrando o traballo das escolas da emigración

| O Consello da Cultura catalogará as construcións educativas creadas polos «americanos»

Autor:
X. M. R.

As aldeas e vilas galegas tiveron nos seus emigrantes unha táboa de salvación para loitar contra a precaria situación económica e a miseria que se vivía en Galicia a finais do XIX e primeiras décadas do século XX. Ademais das remesas de diñeiro e alimentos que contribuiron a tirar a fame de moitas familias e a desenvolver as vilas, os emigrantes tamén contribuiron dun xeito mais que salientable a formar e educar aos seus veciños creando escolas e pagando a formación dos galegos que quedaron na terra.

Agora, dende o Consello da Cultura Galega e en colaboración coa Secretaría Xeral de Emigración da Xunta de Galicia, estase a desenvolver un proxecto para realizar «un catálogo coas construcións escolares financiadas dende a emigración nas provincias de Ourense e Lugo». Este convenio de colaboración entre Consello e Emigración dá continuidade ao traballo dirixido polo profesor Vicente Peña Saavedra sobre as escolas de indianos na provincia de Pontevedra. Con esta iniciativa, segundo o propio Consello da Cultura Galega, «preténdese inventariar o patrimonio arquitectónico escolar destas áreas territoriais» e dentro dos traballos a desenvolver está a «elaboración de fichas descritivas dos edificios censados indicando os aspectos máis salientables que os caracterizan: a súa localización xeográfica, o estado de conservación, a descrición arquitectónica, os servizos educativos que posuían, etc., ao tempo que se procurará recuperar a documentación histórica relacionada coas escolas (programas docentes, rexistros escolares, expediente de construcción...), todo isto complementado cun ilustrativo álbum fotográfico e iconográfico».

De Banga a Coles

Un precedente na liña de traballo que agora se aborda dende o Consello está no libro do profesor do campus ourensano Xosé Manuel Cid Fernández Escola, democracia e República. Teorías e institucións educativas en Ourense durante a IIª República (Concello de Ourense, 1994). No apartado Un último esforzo dos emigrantes recolle, entre outras referencias, os casos as escolas de emigrantes construidas en Vilamarín, Coles, Piñor, Nogueira de Ramuín, O Carballiño (Banga), Trives, Verín, Punxín, Boborás, Allariz e outros lugares de Ourense. En conxunto, as referencias achéganse a 35 esolas na provincia.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Maio 2024
LMMeXVSD
  12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031  
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas