GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Marina Del Corral recorda que foros nacionais e internacionais do maior nivel vinculan a mobilidade profesional ao progreso económico

(11/07/2014)

Marina Del Corral recorda que foros nacionais e internacionais do maior nivel vinculan a mobilidade profesional ao progreso económico

 

 

-A secretaria xeral de Inmigración e Emigración sinala que hoxe as empresas son máis competitivas dentro dunha economía globalizada e promoven proxectos en países e territorios onde xurdan oportunidades

 

 -Del Corral afirma que España, ao igual que outros países do noso ámbito, actúa baixo a premisa de que a mobilidade de recursos humanos contribúe claramente ao progreso e requiren de sistemas públicos dinámicos, adaptables e con visión global

 

-Destaca que a regulación das migracións evolucionou xa en gran parte dos países da OCDE, dando paso a regulacións que evitan barreiras administrativas inxustificadas ao investimento, ao emprendimiento e ao talento, e que España, coas medidas de mobilidade internacional de lei de emprendedores de 2013, está hoxe na mesma senda

 

 

-Dende a aprobación das medidas de mobilidade internacional en setembro de 2014 concedéronse case 2.000 visados e autorizacións de residencia

 
 
 

 

 

10 xullo 2014

 


Marina del Corral


A secretaria xeral de Inmigración e Emigración, Marina del Corral, afirmou hoxe durante a súa intervención no seminario sobre "Políticas de Seguridade Social e de Emprego como motor de crecemento económico", que se imparte esta semana na Universidade Internacional Menéndez Pelayo (UIMP), que son numerosos os motivos que contribúen á mobilidade profesional: situación social, política ou económica nos países de orixe levan ás persoas á busca de novas oportunidades profesionais, de negocio ou de execución de proxectos.

"Todo iso unido ao feito de que vivimos nun mundo globalizado, con desenvolvemento de mercados supranacionais e cunha internacionalización das empresas consolidada e en aumento, conflúe ao incremento da mobilidade e deu orixe á existencia de ámbitos internacionais de traballo", explicou.

Na súa intervención, no marco deste seminario, Marina del Corral analizou o fenómeno da inmigración e mobilidade internacional, con especial referencia ás medidas sobre mobilidade no marco da Lei de apoio aos emprendedores e á súa internalización.

Del Corral sinalou que hoxe as empresas buscan ser máis competitivas dentro dunha economía globalizada e promoven proxectos específicos nos países e territorios onde xurda a oportunidade. E para levar a cabo estes proxectos requiren profesionais determinados, sen atender á súa nacionalidade.

Neste contexto, a secretaria xeral explicou que fai xa anos que os gobernos do noso ámbito reaccionaron, convencidos da necesidade de favorecer que se dean as condicións que permiten que unha empresa conte co profesional que considera axeitado para o desenvolvemento dun proxecto, sexa cual sexa a súa nacionalidade. Un convencemento ao que -engadiu- se une outro de radical importancia a medio e longo prazo e é o feito de que a mobilidade profesional require dunha boa regulación para que o desenvolvemento económico sexa harmonioso.

A regulación das migracións evolucionou xa en gran parte dos países da OCDE. E se antes contaban cun sistema de ordenación vinculado case exclusivamente ás necesidades do mercado laboral e á seguridade, agora compleméntanse con sistemas flexibles, baseados nunha visión máis global das migracións e o seu impacto no crecemento económico e na capacidade de xeración de emprego. "Son sistemas que evitan barreiras administrativas inxustificadas ao investimento, ao emprendimiento e ao talento".

Segundo explicou Del Corral, España segue hoxe esta senda, fundamentalmente a través das medidas de mobilidade internacional incluídas na Lei 14/2013, do 27 de setembro, de apoio ao emprendedor e á súa internacionalización, que entraron en vigor o 29 de setembro de 2013.

España optou, como outros países da OCDE, por establecer medidas tendentes a eliminar barreiras administrativas non xustificadas á chegada de persoas estranxeiras vinculadas ao investimento, ao emprendimiento e á internacionalización das empresas españolas.

Estas persoas poderán vir e permanecer en España sobre a base do previsto na Sección sobre Mobilidade internacional, da Lei de apoio aos emprendedores e a súa internacionalización.

A secretaria xeral debullou na súa intervención os aspectos da nova normativa que se estrutura en torno á regulación das seguintes categorías: investidores, emprendedores, profesionais altamente cualificados, formadores e investigadores e desprazados por motivos intraempresariais.

Del Corral analizou na súa intervención as dúas figuras (investidores e emprendedores) que foron obxecto de "tradicional esquecemento" por parte da normativa de estranxeiría e cuxa atención considera "absolutamente perentoria".

A nova normativa considera investidores aqueles estranxeiros que fagan un investimento significativo en España (un investimento de valor igual ou superior a 2 millóns de euros en títulos de débeda pública española ou por un valor igual ou superior a un millón de euros en accións de empresas españolas; compra de bens inmobles por valor de 500.000 euros ou máis; investir nun proxecto empresarial de interese xeral ou creación de postos de traballo).

A norma facilita tamén o camiño para a iniciativa emprendedora chegada doutros países, implantando un visado de vixencia de ata un ano para entrar aos estranxeiros que vaian desenvolver unha actividade emprendedora de carácter innovador con especial interese económico para España.

Dende a aprobación das medidas de mobilidade internacional en setembro de 2014 concedéronse case 2.000 visados e autorizacións de residencia (1.962 ata a primeira quincena de xullo).

Sobre a base dos datos actuais, a proxección dos resultados da mobilidade de investidores e emprendedores cara a España en cinco anos está estimada na chegada dun investimento estranxeiro de en torno a 175 millóns de euros e a creación de máis de 1.000 empregos directos.

 

 

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas