GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Eduardo Dizy "A Lei de Nacionalidade debe dar solución definitiva ás circunstancias dos descendentes de españois"

(22/09/2014)

"A Lei de Nacionalidade debe dar solución definitiva ás circunstancias dos descendentes de españois"


Elena Fernández, Vigo
| 21 Setembro 2014 - Crónicas da Emigración



Marina del Corral felicita a Dizy tras ser elegido presidente del CGCEE.

 

 

Marina del Corral felicita a Dizy tras ser elexido presidente do CGCEE.

 

 

 

 

Madrid acolle o luns e martes desta semana o III Pleno do VI Mandato do Consello Xeral da Cidadanía Española no Exterior (CGCEE), no que se van abordar cuestións formuladas nas comisións de Dereitos Civís e Participación, de Asuntos Sociolaborais, Asuntos Educativos e Culturais e na Comisión de Mozos e Mulleres, que durante un ano estiveron a traballar nos temas de actualidade que afectan ao colectivo emigrante. A mellora do funcionamento do CRE, a asistencia sanitaria dos residentes no exterior e os problemas dos retornados con Facenda, a supresión das Aulas de Lingua e Cultura Española (ALCE) e a atención aos casos de violencia de xénero que tamén sofren as españolas no exterior, son algúns dos asuntos que se poñerán enriba da mesa nas xornadas de traballo. 'Crónicas da Emigración' falou dalgúns destes temas co presidente do Consello Xeral, Eduardo Dizy

 

Pregunta. O Consello Xeral da Cidadanía Española no Exterior vai abordar no seu pleno desta semana os cambios no funcionamento dos Consellos de Residentes Españois (CRE
). En que poden favorecer á colectividade as modificacións que se van introducir?

Resposta. A proposta de modificación da normativa dos CRE busca, entre outras cousas, unha ampla modificación dos procesos electorais dos CRE, co fin de que sexan máis eficaces e seguros, cunha participación máis ampla e unha eliminación dos impedimentos na formalización de candidaturas. Igualmente, busca impulsar ao máximo a relación dos CRE
coa colectividade española.

En xeral, tamén se pretendeu normalizar moitos aspectos do funcionamento dos CRE que se consideraban deficientes. Finalmente, tratouse de abrir camiños para a incorporación das novas tecnoloxías, como a creación de directorios electrónicos, o envío de comunicacións á comunidade por medio do consulado e a facilitación de posible participación nas reunións dos CRE en forma telemática e por videoconferencia.

P. A Comisión de Dereitos Civís e Participación denuncia un trato discriminatorio aos españois na República Dominicana. Ao parecer, estes teñen que facer máis trámites para establecerse no país que os dominicanos en España; o tempo de permiso é máis curto e o custo, elevado. Como se podería solucionar este problema?

R. Creo que é unha cuestión do ámbito diplomático. Segundo teño entendido, solucionaríase cun trato igualitario equiparándoo ao que reciben os dominicanos en España. Así que, as xestións ao respecto deben ir nese sentido, como o suxire o conselleiro pola República Dominicana, Eduardo Pahíno
.

Cabe sinalar que, tanto o trato coma os servizos que outorga o Estado español aos cidadáns iberoamericanos, son inmensamente favorables e vantaxosos en relación aos recibidos polos españois neses países. Por exemplo, a nacionalidade española pódena adquirir aos dous anos de residencia legal en España, entre outros.

P. O pleno de xuño de 2013 demandou a creación de novos consulados en Venezuela e Cuba, pero o Ministerio alega falta de presupostos para a súa posta en funcionamento. Por que se fan tan necesarios estes consulados?

R. Eu sempre parto da premisa de que cando un conselleiro dun país determinado solicita un servizo fundamental é porque detectou e está comprobada unha carencia importante. Outra cousa é que haxa ou non as condicións para poñer en funcionamento estes servizos e que estes se xustifiquen baixo a tutela do Ministerio de Asuntos Exteriores e de Cooperación.

Polo que lin, o incremento da poboación española foi extraordinario nestes países referidos, especialmente coas resolucións dos expedientes de nacionalidade a raíz da Lei de Memoria Histórica. Polo mesmo, deberían de poñerse en funcionamento o máis pronto posible para non concentrar e
demeritar o traballo, xa de por si saturado, nos consulados existentes.

 

Lei de Nacionalidade

P. Unha parte importante dos descendentes de españois no exterior ten problemas para acceder á nacionalidade. Recentemente creouse unha subcomisión (da que vostede forma parte) orientada a realizar propostas a unha futura Lei de Nacionalidade. Cales son eses problemas? Que aspectos se deben considerar na proposta de Lei de Nacionalidade para solucionalos?

R. En primeiro lugar, hai que puntualizar que a creación da subcomisión é unha proposta da Comisión de Dereitos Civís e Participación, que terá que pasar pola aprobación do Pleno para a súa posta en funcionamento.

O obxectivo principal é obter unha Lei
incluínte
, que considere unha solución de xeito definitivo para as diferentes variantes ou circunstancias que rodean os descendentes de españois.

P. A Comisión de Dereitos Civís tamén reclama que se restableza a categoría de Secretaría de Estado para o departamento que se ocupa dos asuntos de Inmigración e Emigración. A supresión desa Secretaría de Estado de Inmigración e Emigración, en que perxudicou ao colectivo no exterior á hora de abordar os seus problemas?

R. Enténdoo como unha cuestión de rango, de importancia dentro da estrutura do Estado. Creo que á hora da adxudicación de presupostos e alcances sempre se verá máis favorecida unha Secretaría de Estado e, por
ende, a repercusión positiva que isto puidese ter no exterior.

 

Comisión de Asuntos Sociolaborais

P. No plano sociolaboral, os cambios na normativa respecto á asistencia sanitaria dos españois no exterior constitúe un motivo de preocupación entre a colectividade. En que aspectos prexudica aos emigrantes esa normativa e en que puntos se debería de modificar?

R. Principalmente afecta ao colectivo que reside na Unión Europea porque a asistencia sanitaria noutras zonas xeográficas, como en América, non existe a menos de que sexan beneficiarios de axudas non contributivas ou outros colectivos, como os 'Nenos da Guerra', que a reciben a través de aseguradoras privadas.

P. O Goberno deu marcha atrás e o pasado mes de agosto acordou suspender as sancións aos pensionistas retornados que non declararon a Facenda as pensións que reciben do estranxeiro, e lles deu un prazo de seis meses para regularizar a situación. Que lle parece esta medida? Cre que deste xeito se soluciona por fin o problema?

R. Afortunadamente, a Axencia Tributaria deu marcha atrás neste asunto, que non é pouca cousa. O mérito, principalmente, lévallo a Federación de Asociacións de Emigrantes Retornados coa súa presidenta e conselleira do
CGCEE á fronte, Eva María Foncubierta Cubillana, tamén os gobernos autonómicos, como o de Galicia e Andalucía, fixeron xestións ao respecto. Nós, dende o Consello, contribuímos con declaracións nese sentido.

 

Asuntos Educativos e Culturais

P. No ámbito educativo e cultural hai unha cuestión que preocupa aos emigrantes, sobre todo aos de Europa, e é a substitución das clases presenciais nas Aulas de Lingua e Cultura Española (ALCE) por clases semipresenciais, co conseguinte prexuízo que iso ocasiona aos alumnos, segundo denuncian os pais. Teñen esperanzas de que, ao igual que no caso das pensións, o Goberno atenda as súas reivindicacións tamén neste apartado?

R. Ata onde teño coñecemento, o Ministerio de Educación, Cultura e Deporte posicionouse en estudos e medicións para implantar esta nova normativa, que tanta controversia xerou entre os pais dos alumnos. A presidenta da Comisión de Asuntos Educativos,
Miriam Herrero Mondelo
, xunto cos seus compañeiros, está a defender o modelo anterior en contraposición á postura do Ministerio con argumentos e respostas recollidas dos pais e mestres afectados. Advírtase que as clases de lingua e cultura (ALCE) son moi importantes non só en Europa, senón nos Estados Unidos e Canadá, Brasil e Australia.

P. Máis de 500 familias demandan a creación de novas ALCE en Irlanda. Cree posible que se contemple esta demanda dos pais a curto ou medio prazo, sobre todo se a situación económica en España mellora ou se estabiliza?

R. Si, indubidablemente o Consello Xeral apoiará e impulsará con forza reclamacións lexítimas, como as que neste caso consideramos que teñen os españois residentes en Irlanda.

P. Entre as reivindicacións da Comisión de Asuntos Educativos e Culturais figura a necesidade de que
TVE
difunda parte da súa programación nas linguas cooficiais do Estado, algo que parece lóxico tendo en conta que os españois na emigración proceden de autonomías con lingua propia. Que dificultades se poden presentar para que esta proposta non sexa tida en conta?

R. Nesta cuestión consideraremos seriamente calquera proposta concreta que a Comisión de Educación e Cultura presente ao Consello.

P. Fálase de numerosos casos de mozos españois en Centroamérica que piden a extensión dos centros da UNED aos seus países de acollida para poder cursar estudos superiores con maior facilidade. Verán eles satisfeita a súa demanda? Cre que será posible nestes momentos?

R. Claramente as tecnoloxías modernas permiten ampliar e estender servizos a colectivos dispersos e, sen gastos excesivos. Non dubidaremos en apoiar calquera proposta razoable que presente a Comisión de Educación e Cultura.



Comision de Mozos
e Mulleres

P. Os casos de violencia de xénero que sofren as mulleres danse tanto dentro de España como no exterior. A delegada do Goberno para a Violencia de Xénero anunciou a firma dun protocolo entre os ministros de Sanidade, Seguridade Social e Igualdade; Asuntos Exteriores e Cooperación e Emprego e Seguridade Social para colaborar conxuntamente no tratamento destes casos. Que pode achegar este acordo e que medidas se deberían implementar para mellorar a atención ás afectadas?

R. En todo isto creo que corresponde á Comisión de Mozos e Mulleres o definir e propoñer posibles aplicacións da normativa española para a protección das mulleres españolas no exterior.

 

 

 

 

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas