GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

A tributación de herdanzas abre unha guerra cos galegos emigrados

(23/09/2014)

A tributación de herdanzas abre unha guerra cos galegos emigrados

As xestorías aprémanlles a reclamar ante o fisco o pagamento de sucesións

 

 

 

Canalizado o conflito cos emigrantes retornados que non declararon as súas pensións do estranxeiro unha vez anuladas as sancións, Facenda enfróntase agora á inminente avalancha de reclamacións dos residentes no estranxeiro pola tributación das súas herdanzas. A comezos deste mesmo mes, o Tribunal de Xustiza da Unión Europea fixo público un fallo, contra o que non cabe recurso, de estrita aplicación, e no que consideraba discriminatorio que os residentes no estranxeiro liquidasen o imposto de sucesións con cargo á lei estatal, sen beneficiarse das deducións autonómicas.

Este fallo abre a porta a que os emigrantes que teñan tributado por herdanzas poidan reclamar agora ante a Axencia Tributaria pola liquidación indebida do imposto. «Estamos a falar dunha sentenza moi recente, que se está estudando e vendo como se pode articular agora unha saída técnico normativa para resolver o problema», aseguraron onte desde Facenda. A lexislación española establece que naquelas sucesións ou doazóns nas que unha das partes (falecido, doante ou beneficiario) é unha persoa non residente en España -incluso cando se trata de bens situados no estranxeiro - aplícase a normativa estatal e non poden acollerse ás bonificacións que estableza a comunidade autónoma.

Dito doutro xeito: se dous irmáns son beneficiarios dunha herdanza e un vive en Galicia e outro no estranxeiro, terán que facer fronte a unha liquidación do tributo moi desigual. O fallo do tribunal con sede en Luxemburgo, froito dunha denuncia presentada pola Comisión Europea no 2011, non só se fundamenta na discriminación senón en que atenta contra o principio de libre circulación de persoas e mercancías.

De momento, Facenda non facilitou datos estimados de cantos afectados hai na comunidade galega e no conxunto de España. O Colexio Oficial de Xestores Administrativos de Galicia fixo público onte un comunicado en que aprema aos residentes no estranxeiro a que soliciten de inmediato ante a Axencia Tributaria a devolución do pagamento indebido do imposto de sucesións sempre que non teñan transcorrido catro anos da liquidación. Se o pagamento se produciu antes dese período, os contribuíntes do exterior si poderían reclamar unha indemnización por responsabilidade do Estado no prazo dun ano computable desde a data da publicación da sentenza, que foi o pasado 3 de setembro. Os datos da Axencia Tributaria mostran que as declaracións do imposto efectuadas polos non residentes reportaron ao Estado o pasado ano 143 millóns, un 33 % máis que no 2012, e unha cantidade un 66 % superior á do 2010.

A sentenza da UE e os efectos que se derivan colocan no primeiro plano a necesidade de harmonizar a tributación das herdanzas no conxunto de España, onde existe un amplo abano de deducións en función de cada comunidade.

Sucesións e Doazóns é un imposto estatal aplicable en todo o territorio (salvo no País Vasco e de Navarra, que teñen a súa propia normativa), pero cedido ás autonomías, que poden aprobar normas que complementen ou substitúan á estatal. Cambios que só poden afectar aos elementos da liquidación do imposto posteriores á determinación da base impoñible, pero coa suficiente entidade como para variar a carga fiscal que soporta o contribuínte, tal e como sostiña a Comisión Europea.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas