GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

A morosidade hipotecaria dos inmigrantes chega ao 12,5%

(08/05/2009)

A morosidade hipotecaria dos inmigrantes chega ao 12,5%
Data: 07-05-2009 Área Temática: Participación Área Xeográfica: Nacional. Os bancos e caixas de aforros españois presentan un ratio de morosidade do 12,5% nos créditos concedidos a estranxeiros para a adquisición de vivenda. Así reflícteo o último 'Informe de Estabilidade Financeira do Banco de España'.

Neste colectivo inclúense tanto os inmigrantes como os cidadáns de países da propia Unión Europea que compraron pisos no noso país, sinala o organismo presidido por Miguel Ángel Fernández Ordóñez.

A morosidade do 12,5% dos estranxeiros contrasta co 1,66% que, para adquisición de vivenda, presentan os cidadáns nados en España, con datos a peche do pasado mes de decembro.

No seu informe, o Banco de España apunta que o deterioro da economía española (boa parte do incremento do paro centrouse en inmigrantes) explica os riscos que sofren as entidades financeiras nacionais.

O supervisor incide, en todo caso, que a situación de cada banco e caixa é diferente e está influída pola rigorosidade nos préstamos concedidos na etapa de bonanza. Con todo iso, os beneficios do sistema financeiro, que en conxunto gañou 23.936 millóns de euros no 2008,  veranse "presionados á baixa", tanto pola suba da morosidade como polo maior custo que se está pagando por captar o aforro dos clientes diante do peche dos mercados maioristas.

O actual ritmo de captación de aforro das familias é "insostible", advirte o Banco de España, que considera tamén que a xestión da morosidade vai ser "crucial" no 2009 e 2010. O axuste "levará tempo" e será "custoso" en termos de resultados e de capital das entidades.

O Banco de España insiste na súa mensaxe de contención de custos e de alentar unións entre entidades, pero apunta que, "para un bo número" delas, "a necesaria e imprescindible xestión de custos" non resultará "suficiente para acadar unha rendibilidade suficiente no medio prazo".

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Maio 2024
LMMeXVSD
  12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031  
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas