GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Traballo incrementará o orzamento das ONG para o retorno de inmigrantes

(08/05/2009)

Traballo incrementará o orzamento das ONG para o retorno de inmigrantes
Área Temática: Cooperación Área Xeográfica: Nacional. O Ministerio de Traballo e Inmigración decidiu incrementar o orzamento para os prográmas de retorno que xestionan as ONG e a Organización Internacional das Migracións (OIM) para financiar a viaxe de volta a aqueles inmigrantes que se atopan en tal situación de necesidade en España, que non poderían abandonar o país sen axuda humanitaria.

O sistema conta na actualidade cunha partida de 5,2 millóns de euros. Segundo explicou o ministro de Traballo e Inmigración, Celestino Corbacho, esta decisión, analizada xa na Comisión Delegada de Inmigración do Goberno, pretende evitar que "se paralíce a avaliación das peticións de retorno por non esgotar o orzamento dispoñible antes de mediados de ano".

A día de hoxe, o Goberno ofrece dous programas de retorno voluntario, este que xestionan as ONG e un segundo aprobado por Real Decreto que non consiste nunha axuda económica, senón en que os inmigrantes que cotizaron á Seguridade Social poidan cobrar de golpe toda a prestación que lles corresponda e marcharse ao seu país para non volver en polo menos, cinco anos.

Polo programa de capitalización do paro, uns 4.000 inmigrantes abandonaron España desde novembro, o mesmo número de persoas que están en lista de espera para poder acollerse ao Programa Social de Retorno. É o máis demandado dos dous porque se dirixe a quenes non teñen ningún recurso económico e mentres o número de solicitantes se incrementa, as concesións  retardánse para administrar o orzamento ao longo de todo o ano.

Aínda que o Goberno  non determinou a contía en que se incrementará o orzamento destes programas, o ministro adiantou que "non haberá problema" porque "sería unha contradición" que por non esgotar os fondos dispoñibles "esa axuda estivese fallando" mentres a lista de espera se sigue incrementando.

"Acordamos coa vicepresidenta Primeira do Goberno facer unha previsión desde a Secretaría de Estado de Inmigración e Emigración de como vai a incrementarse (o orzamento) e facer así que as peticións que poida haber non queden paralizadas" e na Secretaría de Estado "se sigan informando positivamente", explicou Corbacho.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Maio 2024
LMMeXVSD
  12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031  
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas