GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Inmigrantes de Sarria denuncian que a presidenta de AICOS cambiou os estatutos para poder cobrar

(08/05/2009)

Inmigrantes de Sarria denuncian que a presidenta de AICOS cambiou os estatutos para poder cobrar

Autor:
La Voz
Data de publicación:
8/5/2009

Un grupo de socios da Asociación de Inmigrantes da Comarca de Sarria (AICOS) di que a presidente cambiou os estatutos para estar máis tempo no cargo e poder cobrar.

O artigo que se refiren é o cinco e nos estatutos aprobados no 2007 cando se fundou a asociación figuraba que os cargos directivos desenvolverán o seu labor de xeito gratuíto e manteranse no posto durante un período dun ano.

O novo artigo di que os cargos da directiva poderán percibir retribucións económicas en función da realización de traballos en actividades ou programas en beneficio da asociación. Tamén indica que o período de mandato será de tres anos.

A asociación foi fundada por 22 persoas no 2004 e a súa primeira presidenta foi a colombiana Danilsa Polo, que deixou o cargo logo dun ano para que o ocupase a brasileira Divina Barbosa, AICOS conta na actualidade con preto de 150 afiliados.

As decisións da presidenta orixinaron que algúns membros lle pedisen explicacións e aseguran que a súa resposta inmediata foi enviarlles unha carta nas que lles anunciaba a súa expulsión.

Os afectados consideran que Danilsa Polo pensa que é a dona da asociación e que por iso está adoptando decisións que consideran arbitrarias e inxustas como a de anunciar que é a única que pode levar a cabo trámites en nome de AICOS.

As socias que non están de acordo con este xeito de actuar da directiva solicitan que leve a cabo unha asemblea xeral

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Maio 2024
LMMeXVSD
  12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031  
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas